O 2 de maio celébrase o Día internacional contra a violencia e o acoso escolar, e o CPI Pecalama traballa para concienciar ao alumnado sobre esta problemática e como previla.
Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, o alumnado de Educación Infantil e Primaria deseñaou e confeccionou uns marcapáxinas con goma eva.
Picade nas imaxes para ver as imaxes de todo o proceso e o resultado final
O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
No CPI Pecalama xa estamos a conmemorar este día con recomendacións, por parte do alumnado, de diversos libros para poder gozar da lectura.
O xoves 11 de abril, e encadrada nos actos pola celebración do Dia do Libro, acuidiu ao centro o escritor Héctor Cajaraville, onde impartiu unha charla ao alumnado da ESO, asinando tamén os libros que estes posúen deste estupendo autor.
Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller" o 8 de marzo, o alumnado do centro elaborou un mural sobre as mulleres importantes na súa vida. Ademais, na biblioteca de infantil e primaria e na de secundaria, houbo unha exposición de libros relacionados con esta temática.
Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do alumnado confeccionando o mural e a exposición de libros
Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de secundaria realizou diversas actividades e exposicións que se poden ver ao facer clic na seguinte imaxe.
O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Dende o CPI Pecalama sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia.
Facede clic na imaxe para ver as fotos da exposición e do alumando colaborador
O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria ou tamén denominado Día das Candeas. Con orixe anterior á chegada do cristianismo, a súa celebración está conectada co cambio de estación e cos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza.
A xornada, coñecida na Galiza máis popularmente como o día 'en que casan os paxariños', coincide coa chegada das cartas de amor e amizade no CPI Pecalama
Facede clic na imaxe para ver as fotos do alumnado recibindo as súas cartas
Con motiva da celebración do Nadal, a biblioteca do CPI Pecalama fixo unha exposición de libros recomendados sobre esta temática e textos relacionados con esta conmemoración.
Facendo clic na imaxe pódense ver os textos e libros recomendados
Con motivo do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, alumnado de 1º da ESO realizou unha lectura pública de fragmentos da súa obra "Memorias dun neno labrego".
Se queredes ver os vídeos e fotos da xornada, premede na imaxe inferior.
E rematou o prazo de votación!! E a mellor canción da listaxe "Rosalía para o mundo... pasando por Tordoia" é...
TEMOS UN EMPATE!!!
Cunha porcentaxe do 15.7%, as gañadoras do concurso son:
“Adios ríos, adios fontes”, interpretada por Escuchando Elefantes e Amancio Prada.
“Negra sombra”, interpretada por Luz Casal (un clásico!!). Aquí vos deixamos unha interpretación en directo coa marabillosa Real Filharmonía de Galicia.
E, aínda que a votación xa rematou, podedes seguir a gozar da listaxe “Rosalía para o mundo... pasando por Tordoia” en Spotify
O pasado martes o EDL organizou unha actividade para todo o alumnado de Infantil, Primaria e alumnado de 1º ESO. Puideron gozar dunha fantástica representación teatral de monicreques da man da compañía “Cachirulo”. E que ben o pasaron!!!
A compañía realizou unha adaptación para monicreques da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, La cabeza del dragón. Nela, o príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten cativa a filla do Rei Micomicón para poder retornar triunfante á casa.
Preme na seguinte imaxe para ver máis ...
E aquí vos deixamos un par de fragmentiños da obra!!
Con motivo da conmemoración do Día do Libro, que se festexa o 23 de abril, Paula Fraga e Anxo Cancela, alumnado de 2º ESO recoméndanche os seguintes libros!!
Botádelle unha ollada, que paga a pena!!! E lembra, unha nena ou un neno que le, será unha persoa adulta que pensa!!
Paula Fraga recomendando "Cidade átomo"
Anxo Cancela recomendando "O neno do pixame de raias"
O martes 18 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria preparou contos para lerlle, en dúas quendas, ao alumnado máis pequeno de primaria e ao alumnado de infantil no patio cuberto.
(Premendo na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada)
Entrega de premios ás gañadoras do III Concurso de Poesía do CPI Pecalama
Parabéns a Aroa Rodríguez Iglesias (3º ESO) como gañadora do concurso de poesía en castelán e a Olalla Sánchez Couselo (1º ESO) como gañadora do concurso de poesía en galego!!!
A continuación tedes os textos e o recitado das poesías gañadoras.
(poesía elaborada por Olalla)
(poesía recitada por Thony)
(poesía elaborada por Aroa)
(poesía recitada por Jesús Otero)
Se queredes ver as fotos da entrega, premede na seguinte imaxe