Skip to Content

Curso Escolar

NOVAS IMPORTANTES

NOVAS DO CENTRO

Graduación do alumnado de 4º da ESO

Un ano máis, no mes de xuño, celebrouse a graduación do alumnado de 4º da ESO. Marchan alumnos e alumnas que levan moitos anos no centro, algúns dende os 3 anos. Só queda desexarlles moita sorte en todo o que emprendan e lembrarlles que o Pecalama sempre será a súa casa.

 

Graduación do alumnado de Educación Infantil

Fotos da Graduación de EDUCACIÓN INFANTIL

Premede na imaxe para acceder á galería

Circo do Sol (celebración de fin de curso)

Con motivo da celebración de final de curso en Educación Infantil e Primaria o alumnado fixo a representación do Circo do Sol, preparada na materia de Educación Física.

 

Martes con Música (15 de xuño)

Dia da Música

Como remate dos Martes con Música, o día 15 de xuño veunos visitar Alberto Coya que fixo demostracións e explicou o uso de diferentes tipos de gaitas. Nos seguintes vídeos pódense ver tres das actuacións coas que nos deleitou. Na última tocou unha fermosa peza acompañado de Estrela (profesora de música en secundaria) ao violín.

Martes con Música (15 de xuño)

Dia da Música

O martes 15 de xuño, nos Martes con Música, gozamos da actuación de Juan Gesto á gaita, acompañados polor mestres Eva ao acordeón e Óscar á guitarra. Tamén participou o alumnado de 4º de primaria interpretando música tradicional.

Aproveitamento da luz solar: enerxías renovables

Proxecto realizado na materia de CAAP (Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional)

 

Grupo co profesor mostrando o proxecto Alumnos mostrando o funcionamento Vendo a incidencia do sol na parabólica
Grupo completo de CAAP

Premede nas imaxes para velas en grande

Martes con Música (8 de xuño)

Dia da Música

María Castro Señarís e Minerva García Pazos, alumnas de 4º da ESO, marabíllannos coas seguintes interpretacións: Expectations de Lauren Jauregui, I Feel Like I'm Drowning de Two Feet e Nana Triste de Natalia Lacunza e Guitarricadelafuente. A disfrutar vendo estes vídeos!!!

Martes con Música (1 de xuño)

Dia da Música

Continuando cos Martes con Música, o día 1 de xuño viñeron a visitarnos Os Xeitosos de Trazo

Concurso de Fotografía _ < 23 de abril, Día do Libro >

Logo de revisar todas as fotografía recibidas, xa hai gañadores/as!

A alumna premiada na Categoría I (5º e 6º de EP) é... Julia Suárez!

O alumno premiado na Categoría II (1º e 2º de ESO) é... Martín Cancela!

A alumna premiada na Categoría III (3º e 4º de ESO) é... Iria Liste!

Moitos parabéns aos gañadores e tamén ao resto dos participantes!

Martes con Música (4 de maio)

Dia da Música

O 4 de maio "As cantareiras de Anxeriz" viñeron ao centro a dar un pequeno concerto.

 

Martes de Música

Continúan os MARTES DE MÚSICA no centro

Martes de música

Nesta ocasión a alumna de 4º Minerva García Pazos e o mestre de primaria Óscar Mato deléitannos con esta actuación:

 

Homenaxe do alumnado do CPI Pecalama a Xela Arias

Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e como homenaxe a Xela Arias, creadora, editora, tradutora e mestra, o alumnado do CPI Pecalama, coa colaboración de diferentes docentes e á coordinación de Estrela, a profesora de música, elaboraron o vídeo 1962. Esperamos que vos guste o enorme traballo que fixeron.

 

17 de maio: Día das Letras Galegas 2021 _ Xela Arias _ DARÍO A DIARIO

"Darío a diario" de Xela Arias é un libro de poemas adicado ao seu fillo. En palabras da propia poeta: "Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca". 

O profesorado e alumnado de EI e EP, homenaxeando á escritora e a dita obra, realizaron unhas poesías adicadas aos seus nenos/as: fillos/as, primos/as, irmáns/ás...

17 de maio: Día das Letras Galegas 2021 _ Xela Arias

Preme para máis información sobre a autora homenaxeada:

Díptico Xela Arias

Biografía Xela Arias

Exposición Xela Arias

Textos Xela Arias

Marcapáxinas Xela Arias

Comecocos Xela

Cartel Xela Arias

 

   Xela en música   

Preme para escoitar:

A banda da Loba:

Darío a Diario

Intempériome

Tigres coma cabalos

Denuncia do equilibrio

 

Clara Pino e Pablo Vidal:

Irás dirás virás

Non me conteño

Día da Música

Dia da Música

Dalia López Casas e Anxo Liñares Noya, alumnos de 2º da ESO, interpretan The Final Countdown e My Heart Will Go On (B..S.O. Titanic) respectivamente, celebrando o Día da Música no centro.

 

I Concurso de Poesía _ < 21 de marzo, Día da Poesía >

Logo de revisar todos os poemas recibidos, xa temos gañadores!

A alumna premiada da Categoría I (1º e 2º ESO) é… Aroa Rodríguez Iglesias!

E a alumna premiada da Categoría II (3º e 4º ESO) é… Antía Rey Collazo!

Moitos parabéns ás dúas! Premede nas imaxes para ler os poemas!

 Moitas grazas por participar a todos!

Agardamos ver as vosas creacións en vindeiras edicións!

 

 

Día do Libro: 23 de abril de 2021 _ APADRIÑAMENTOS LECTORES

Xa case era tradición realizar apadriñamentos lectores na escola para conmemorar o Día do Libro. Maiores e pequenos, xuntos, gozando da lectura…

Este curso, por mor da Covid, non podemos realizalos de xeito presencial. Pero aínda así, non quixemos deixar pasar a oportunidade de disfrutar dos contos! Velaquí os que escolleu o alumnado para esta data. Agardamos que vos gusten!

 

 

 

Preme sobre cada título para acceder:

 

 

Contos do alumnado de 6º de Educación Primaria

Agora non, Bernardo

¡Mío!

Se che pica un mosquito

Wonder

Un rico pastel

Nicomedes, o pelado

Prohibida la entrada a los elefantes

Por cuatro esquinitas de nada

Valentina tiene dos casas

El huerto, ¿quién hace la miel? 

 

Conto do alumnado de 6º de Educación Infantil 

Os Chibos Chibóns 

 

Conto realizado polo alumnado de 6º e 2º de E.P. e 6º de E.I. para o Día da Muller 

Bonitas

Día do Libro: 23 de abril de 2021 _ CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!!

Concurso de fotografía para festexar o Día do libro!

Envía a túa foto orixinal co libro ou libros que máis che gusten a

biblioteca@pecalama.org ata o 9 de maio!

Anímate a participar!

Día do Libro: 23 de abril de 2021

 

Este venres, día 23 de abril, celébrase o Día mundial do libro.

Se aínda non escolleches a túa lectura para estes días, corre ás bibliotecas do teu colexio para gozar das últimas novidades!! 

 

21-M: Día da Poesía

 Que aínda non escribiches a túa poesía?

Bule!

8-M: Día Internacional da Muller 2021

As mozas bonitas son as que están empoderadas e son listas e fortes!

Pincha na imaxe para ver a adaptación do conto de “Bonitas” que fixo o alumnado!

8-M: Día Internacional da Muller 2021

Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema:  “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.

Ven á túa Biblioteca Escolar para consultar ou levar en préstamo libros da temática celebrada así como tamén para coñecer a importantes mulleres ilustres!

 

Se queres coñecer máis polo miúdo a estas mulleres ilustres, pica na imaxe do taboleiro!

O 8M no CPI Pecalama

O día 8 de marzo celébrase o "Día Internacional da Muller". É unha xornada na que se reivindican os dereitos da muller e a igualdade social e laboral. Por este motivo, no CPI Pecalama, alumnado de Primaria elaborou un cartel sobre:

"AS MULLERES DA NOSA VIDA"

Alumnado que confeccionou o mural Mural sobre as Mulleres da Nosa Vida

Alumnado e mural sobre as Mulleres da Nosa Vida

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Día de Rosalía de Castro

Hoxe 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega.

Alumnado elaboración mural no Día de Rosalía de Castro

Día de Rosalía de Castro - Mural

Chegou o correo ao CPI Pecalama

Chegada do correo ao CPI PECALAMA

 Picade nas imaxes para velas en grande

Carteis nas escaleirasTaboleiro de informaciónVen á biblioteca

Caixa das cartas na bibliotecaCartel da biblioteca

Porta da bibliotecaCartas chegadas ao centro

11 de febreiro: Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogn as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas!

No More Matildas

11 de febreiro - No More Matildas

 

XUNTOS POLA PAZ (ED. INFANTIL)

Vídeo elaborado polo alumnado de Infantil

 

Creacións do alumnado con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Carteis elaborados polo alumnado de Plástica e Mural na entrada do centro feito en Plástica de 4º da ESO, organizado por Estrela, a profesora da materia.

Muro01Muro02 Muro03 Muro04 Muro05 Carteis01 Carteis02 Carteis03
Distribuir contido


by Dr. Radut