Skip to Content

Saídas educativas

Visita a Camelle do alumnado de infantil

O luns 27 de maio o alumnado de eduación infantil acudiu ao centro de actividades ambientais de Mar de Fábula de Camelle.

Alí, limparon a praia, clasificaron o lixo mariño e fixeron un obradoiro de reutilización e reciclaxe artístico. Ademais, visualizaron o corto Fábula das Criaturas Caóticas, feito polo alumnado da Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Picade na imaxe para ver o marabilloso día do que gozaron

 

Alumnado de infantil na praia de Camelle

INFANTIL SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Alumnado de Infantil, 5º e 6º de Primaria en FervenzAventura

O alumnado de Educación Infantil, acompañado polo de 5º e 6º de Primaria, acudiron a FervenzAventura.

Picade en calquera das fotos para acceder ás imaxes da xornada.

INFANTIL PRIMARIA SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Visita do alumnado da ESO a Sogama

O venres 22 de marzo, o alumnado da ESO acudiu ás instalacións de SOGAMA, onde realizaron un percorrido polas mesmas e participaron en diversas actividades relacionadas coa reciclaxe e cos procesos que alí desenvolven. Ademais, asistiron a unha charla formativa sobre a economía circular, a adopción de boas prácticas en relación á separación de residuos e de sensibilización sobre o consumo responsable.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Alumnado asistente á visita a SOGAMA Alumnado asistente á visita a SOGAMA
Imaxe dunha das diapositivas da charla formativa Imaxe dunha das diapositivas da charla formativa

SAÍDAS EDUCATIVAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut