Skip to Content

Actualidade

2 de maio - Día internacional contra o acoso escolar

O 2 de maio celébrase o Día internacional contra a violencia e o acoso escolar, e o CPI Pecalama traballa para concienciar ao alumnado sobre esta problemática e como previla.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Cartel do día do cómic

Alumnado de secundaria colocando os carteis contra o acoso escolar Alumnado de secundaria colocando os carteis contra o acoso escolar

BIBLIOTECA

 

Marcapáxinas Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, o alumnado de Educación Infantil e Primaria deseñaou e confeccionou uns marcapáxinas con goma eva.

Picade nas imaxes para ver as imaxes de todo o proceso e o resultado final

 

Alumnado de educación infantil participante no proxecto Alumnado de 1º de primaria participante no proxecto
Mostra dos traballos realizados Mostra dos traballos realizados

BIBLIOTECA POLOS CREATIVOS

 

Dia do libro 2024

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

No CPI Pecalama xa estamos a conmemorar este día con recomendacións, por parte do alumnado, de diversos libros para poder gozar da lectura.

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Charla de Héctor Cajaraville

O xoves 11 de abril, e encadrada nos actos pola celebración do Dia do Libro, acuidiu ao centro o escritor Héctor Cajaraville, onde impartiu unha charla ao alumnado da ESO, asinando tamén os libros que estes posúen deste estupendo autor.

Facede clic na imaxe para ver imaxes do acto

Héctor Cajaraville durante a charla

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Preparación da visita do escritor Héctor Cajaraville

O CPI Pecalama empeza xa a festexar o día do libro 2024 coa visita e charla do autor Héctor Cajaraville.

Picade en calquera imaxe para vela en grande

 

Cartel do día do libro Imaxe do cartel do día do libro

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

21 de marzo - Día da Poesía

Con motivo da conmemoración do Día da Poesía o 21 de marzo, o alumnado da ESO buscou e leu diversas composicións.

Picade en calquera imaxe para acceder ás fotos da xornada

 

Mostra das poesías aportadas polo alumnado

Alumnado de 1º da ESO Alumnado de 2º da ESO
Alumnado de 3º da ESO Alumnado de 4º da ESO

BIBLIOTECA

 

17 de marzo - Día do Cómic

Adquisición de numerosos títulos e novo espazo exclusivo para eles na biblioteca de Infantil e Primaria e tamén na de Secundaria.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Cartel do día do cómic

Cartel do día do cómic

Foto do espazo para os cómics na biblioteca de Infantil e Primaria Foto do expositor de novidades no corredor do edificio de Infantil e Primaria

BIBLIOTECA

 

Celebración do 8M no CPI Pecalama

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller" o 8 de marzo, o alumnado do centro elaborou un mural sobre as mulleres importantes na súa vida. Ademais, na biblioteca de infantil e primaria e na de secundaria, houbo unha exposición de libros relacionados con esta temática. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do alumnado confeccionando o mural e a exposición de libros

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

Taller de hixiene bucodental

A clínica Bucoexpert impartiu un obradoiro sobre Hixiene bucodental no centro a todo o alumnado, obsequiándoos cun cepillo e pasta de dentes. 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos do obradoiro

Foto do folleto informativo Alumnado de infantil no obradoiro

 

23F- Día de Rosalía

Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de secundaria realizou diversas actividades e exposicións que se poden ver ao facer clic na seguinte imaxe.

Taboleiro dedicado a Rosalía de Castro na biblioteca

BIBLIOTECA

 

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, xornada establecida pola Asemblea Xeral da ONU en 2016 co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Dende o CPI Pecalama sumámonos á conmemoración deste día visibilizando e dando a coñecer o papel das mulleres na ciencia.

Facede clic na imaxe para ver as fotos da exposición e do alumando colaborador

Carteis expostos na entrada do centro

BIBLIOTECA

 

A Candeloria

O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria ou tamén denominado Día das Candeas. Con orixe anterior á chegada do cristianismo, a súa celebración está conectada co cambio de estación e cos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza.

A xornada, coñecida na Galiza máis popularmente como o día 'en que casan os paxariños', coincide coa chegada das cartas de amor e amizade no CPI Pecalama

Facede clic na imaxe para ver as fotos do alumnado recibindo as súas cartas

Maleta coas cartas

BIBLIOTECA

 

Día escolar da NON VIOLENCIA e A PAZ

Conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz no CPI Pecalama . 

Facede clic en calquera das imaxes para ver as fotos dos carteis e textos expostos no centro

Foto do Mural exposto na entrada do centro Cartel elaborado para a conmemoración do Día da Paz

BIBLIOTECA CONMEMORACIÓNS

 

A Maleta Naturalista no CPI Pecalama

O alumnado do centro coñeceu e traballo co contido da MALETA NATURALISTA na biblioteca para coñecer máis en profundidade o noso patrimonio. 

Facede clic na imaxe para ver as fotos do alumnado traballando coa maleta

Foto da Maleta Naturalista

BIBLIOTECA

 

Chegou o Nadal á biblioteca do CPI Pecalama

Con motiva da celebración do Nadal, a biblioteca do CPI Pecalama fixo unha exposición de libros recomendados sobre esta temática e textos relacionados con esta conmemoración. 

Facendo clic na imaxe pódense ver os textos e libros recomendados

Foto de castañas no Magosto 2022

BIBLIOTECA

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero no CPI Pecalama

O 25N no CPI Pecalama

Facede clic nas imaxes para ver as fotos da xornada

Mural coas mans do alumnado contra a violencia de xénero Mural coas mans do alumnado contra a violencia de xénero
Alumnado de secundaria lendo un manifesto contra a violencia de xénero Alumnado de secundaria lendo un manifesto contra a violencia de xénero

BIBLIOTECA

 

Mes da Ciencia en galego

Durante o mes de novembro celébrase o "MES DA CIENCIA EN GALEGO", tamén no CPI PECALAMA.

Picade nas imaxes para velas en grande

 

Alumnado que confeccionou o mural 

Mural sobre as Mulleres da Nosa Vida

Alumnado e mural sobre as Mulleres da Nosa Vida

Alumnado e mural sobre as Mulleres da Nosa Vida

BIBLIOTECA

 

Conmemoración do nacemento de Neira Vilas

Con motivo do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, alumnado de 1º da ESO realizou unha lectura pública de fragmentos da súa obra "Memorias dun neno labrego".

Se queredes ver os vídeos e fotos da xornada, premede na imaxe inferior.

Cartel da conmemoración do día de Neira Vilas na biblioteca do centro

BIBLIOTECA

 

Lectura de relatos polo Samaín

Con motivo da celebración do Samáin, o alumnado da ESO realizou unha lectura de relatos de medo na biblioteca.

Botádelle unha ollada ás capturas da xornada, que dan moito MEEEEDOOOO!!!

(Premede na imaxe para acceder ás fotos)

Acceso ás fotos do Samaín

BIBLIOTECA

 

Samaín no CPI Pecalama

Celebrando o Samaín no CPI Pecalama.

(Preme na imaxe para acceder a máis fotos)

Acceso ás fotos do Samaín

BIBLIOTECA

 

Día das bibliotecas

A biblioteca do CPI Pecalama prepárase para celebrar o Día das bibliotecas o 24 de outubro.

(Preme na imaxe para ver as fotos da preparación e das exposicións)

Cartel do día das bibliotecas

BIBLIOTECA

 

Día das Escritoras: 16 de outubro

A biblioteca do CPI Pecalama celebra o día das escritoras.

(Preme na imaxe para acceder ás fotos relacionadas da xornada)

Cartel do día das Escritoras

BIBLIOTECA

 

Saída ao Pazo de Meirás e a Sargadelos

O mércores 31 de maio, o alumnado pertencente ao Club de Lectura, realizou unha saída ao Pazo de Meirás e á fábrica de Sargadelos.

(Premendo na seguinte imaxe, accédese ás fotos da saída)

Alumnado asistente á saída no Pazo de Meirás

BIBLIOTECA CLUB DE LECTURA

 

Saída á illa de Sálvora e á de A Toxa

Saída á illa de A Toxa e á de Sálvora

O días 22 de maio, todo o alumnado da ESO, participou nunha saída á illa de A Toxa e á de Sálvora.

(Premendo na imaxe accédese ás fotos da saída)

Alumnado asistente á saída

Visionado do filme "La isla de las Mentiras"

Previamente á saída, todo o alumnado da ESO traballou sobre a película "La isla de las Mentiras" en diferentes sesións no centro.

Cartel da película La Isla de las Mentiras

BIBLIOTECA

 

17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Conmemoración o 17 de maio do "Día das Letras Galegas" no CPI Pecalama, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego.

 

 

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN CONMEMORACIÓNS

 

ROSALÍA MUSICADA: A NOSA VOZ

E rematou o prazo de votación!! E a mellor canción da listaxe "Rosalía para o mundo... pasando por Tordoia" é...

TEMOS UN EMPATE!!!

Cunha porcentaxe do 15.7%, as gañadoras do concurso son:

Adios ríos, adios fontes”, interpretada por Escuchando Elefantes e Amancio Prada.

Negra sombra”, interpretada por Luz Casal (un clásico!!). Aquí vos deixamos unha interpretación en directo coa marabillosa Real Filharmonía de Galicia.

E, aínda que a votación xa rematou, podedes seguir a gozar da listaxe “Rosalía para o mundo... pasando por Tordoia” en Spotify

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

A cabeza do dragón

O pasado martes o EDL organizou unha actividade para todo o alumnado de Infantil, Primaria e alumnado de 1º ESO. Puideron gozar dunha fantástica representación teatral de monicreques da man da compañía “Cachirulo”. E que ben o pasaron!!!

A compañía realizou unha adaptación para monicreques da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, La cabeza del dragón. Nela, o príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten cativa a filla do Rei Micomicón para poder retornar triunfante á casa.

Preme na seguinte imaxe para ver máis ...

Alumnado na representación teatral

E aquí vos deixamos un par de fragmentiños da obra!!

 

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Recomendacións para o Día do Libro

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, que se festexa o 23 de abril, Paula Fraga e Anxo Cancela, alumnado de 2º ESO recoméndanche os seguintes libros!!

Botádelle unha ollada, que paga a pena!!! E lembra, unha nena ou un neno que le, será unha persoa adulta que pensa!!


Paula Fraga recomendando "Cidade átomo"

 

 


Anxo Cancela recomendando "O neno do pixame de raias"


Paula Fraga recomendando "A neve interminable"

 

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Apadriñamento polo Día do Libro

O martes 18 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria preparou contos para lerlle, en dúas quendas, ao alumnado máis pequeno de primaria e ao alumnado de infantil no patio cuberto.

(Premendo na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada)

Alumnado de Infantil e Primaria durante a xornada de apadriñamento polo Día do Libro

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN CONMEMORACIÓNS

 

Entrega de premios do III Concurso de poesía CPI Pecalama

Entrega de premios ás gañadoras do III Concurso de Poesía do CPI Pecalama 

Parabéns a Aroa Rodríguez Iglesias (3º ESO) como gañadora do concurso de poesía en castelán e a Olalla Sánchez Couselo (1º ESO) como gañadora do concurso de poesía en galego!!!

A continuación tedes os textos e o recitado das poesías gañadoras.

Poesía gañadora en galego

(poesía elaborada por Olalla)


(poesía recitada por Thony)

Poesía gañadora en castelán

(poesía elaborada por Aroa)


(poesía recitada por Jesús Otero)

Se queredes ver as fotos da entrega, premede na seguinte imaxe

Foto de Aroa e Olalla

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut