Skip to Content

Actualidade

II Concurso de poesía CPI Pecalama

Con motivo do Día da poesía o 21 de marzo, celébrase o II Concurso de Poesía no CPI Pecalama

Cartel do concurso de poesía

 

Visita de Antía Rey Collazo o xoves pola tarde

O XOVES 24 DE MARZO pola tarde visitaranos a exalumna ANTÍA REY COLLAZO para falarnos do seu LIBRO DE POESÍA

Portada do libro Foto de Antía

 

Celebración do día de Rosalía de Castro (23 febreiro)

Con motivo da conmemoración do día do nacemento de Rosalía de Castro celebráronse diferentes actos dos que podemos ver unha mostra a continuación.

Premede na imaxe para acceder ás fotos das diferentes actividades

Alumnado do centro recitando poemas de Rosalía de Castro

 

 

Entrega de premios do I CONCURSO DÍA DA ILUSTRACIÓN

Entrega de premios do I CONCURSO DÍA DA ILUSTRACIÓN

O pasado mércores 9 de febreiro, procedeuse á entrega dos premios aos/ás gañadores/as:

CATEGORÍA 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

GAÑADORA

NOA CANCELA GESTO

Gañadora Primaria - Noa Cancela Gesto

FINALISTAS

VALERIA MATA UZAL e MATEO VILARIÑO PUENTE

Finalistas Primaria - Valeria Mata Uzal e Mateo Vilariño Puente

CATEGORÍA 1º E 2º DA ESO

GAÑADORA

PAULA FRAGA GONZÁLEZ

Gañadora 1º e 2º ESO- Paula Fraga González

FINALISTA

ANXO CANCELA GESTO

Finalista 1º e 2º ESO - Anxo Cancela Gesto

CATEGORÍA 3º E 4º DA ESO

GAÑADORA

ANDREA GOIMIL LIÑARES

Gañadora 3º e 4º ESO- Andrea Goimil Liñares

FINALISTA

RICARDO BELLO CAMPOS

Finalista 1º e 2º ESO - Anxo Cancela Gesto

 

I CONCURSO DÍA DA ILUSTRACIÓN

Premendo nas seguintes imaxes, poderedes entrar a ver as creacións do alumnado de primaria e secundaria.

Botón carteis primariaBotón carteis secundaria

 

Enlace ao blogue da biblioteca

Se queres acceder ao blogue da biblioteca pulsa aquí.

Concurso de relatos do Samaín

Concurso de relatos do Samaín

A continuación móstranse os relatos gañadores das diferentes categorías do concurso de relatos do Samaín

Facendo clic nas imaxes accédese ao relato ou ás fotos

CATEGORÍA EDUCACIÓN PRIMARIA

GAÑADORA: SARA SÁNCHEZ BELLO con OPCIÓN MORTOS

CATEGORÍA 1º e 2º da ESO

Resultaron gañadores/as:

PRIMEIRO PREMIO

ANXO CANCELA GESTO

Anxo Cancela Gesto - A noite de Samaín

A NOITE DE SAMAÍN

SEGUNDO PREMIO

AROA RODRÍGUEZ IGLESIAS

Aroa Rodríguez Iglesias - Miraba a nada

MIRABA A NADA

TERCEIRO PREMIO

NICOLÁS LISTE GARCÍA

Anxo Cancela Gesto - A noite de Samaín

A CASA ABANDONADA

CATEGORÍA 3º e 4º da ESO

Resultaron gañadores/as:

PRIMEIRO PREMIO

NEREA PENSADO IGLESIAS

Nerea Pensado Iglesias - O flashback

O FLASHBACK

SEGUNDO PREMIO

AROA FRAGA PALLAS

Aroa Fraga Pallas - Moitas grazas

MOITAS GRAZAS

TERCEIRO PREMIO

ANDREA GOIMIL LIÑARES

Andrea Goimil Liñares - A vinganza derradeira

A VINGANZA DERRADEIRA

Concurso sobre Emilia Pardo Bazán

Entrega de premios para o concurso sobre Emilia Pardo Bazán

O alumnado presentado tivo que completar o seguinte cuestionario sobre a vida e obra marabillosa e polifacética escritora galega

Cuestionario sobre Emilia Pardo Bazán

Despois dun apaixonante sorteo da man de Tomás e Iago

Tomás e Iago no sorteo Sorteo

Resultaron gañadoras: Noa Seoane Liñares e Noemí Fraga González.

PARABÉNS AOS/ÁS PARTICIPANTES

 

Noa Seoane Liñares recollendo o premio Noemí Fraga González recollendo o premio

Premede nas imaxes para velas en grande

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 2021

Chega o outono e con el o Samaín! Velaquí unha nova edición do

Concurso de Relatos de medo

Consulta atentamente as bases e… anímate a participar!!

100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán

Día das Escritoras _ 18 de outubro de 2021

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

VI Edición celébrase este ano 2021  o 18 de outubro baixo o lema

"Ler as idades da vida"

Preme na seguinte imaxe para acceder á selección de textos de escritoras galegas:


Concurso de Fotografía _ < 23 de abril, Día do Libro >

Logo de revisar todas as fotografía recibidas, xa hai gañadores/as!

A alumna premiada na Categoría I (5º e 6º de EP) é... Julia Suárez!

O alumno premiado na Categoría II (1º e 2º de ESO) é... Martín Cancela!

A alumna premiada na Categoría III (3º e 4º de ESO) é... Iria Liste!

Moitos parabéns aos gañadores e tamén ao resto dos participantes!

REGALÍZATE _ Letras Galegas 2021

Preme nas seguintes imaxes para ver o vídeo das fotos de cada etapa con musicalizacións das letras de Xela Arias: 

                                                    

Se o prefires, tamén podes consultalas todas con máis calma na seguinte galería de imaxes. Preme para acceder:

17 de maio: Día das Letras Galegas 2021 _ Xela Arias _ DARÍO A DIARIO

"Darío a diario" de Xela Arias é un libro de poemas adicado ao seu fillo. En palabras da propia poeta: "Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca". 

O profesorado e alumnado de EI e EP, homenaxeando á escritora e a dita obra, realizaron unhas poesías adicadas aos seus nenos/as: fillos/as, primos/as, irmáns/ás...

17 de maio: Día das Letras Galegas 2021 _ Xela Arias

Preme para máis información sobre a autora homenaxeada:

Díptico Xela Arias

Biografía Xela Arias

Exposición Xela Arias

Textos Xela Arias

Marcapáxinas Xela Arias

Comecocos Xela

Cartel Xela Arias

 

   Xela en música   

Preme para escoitar:

A banda da Loba:

Darío a Diario

Intempériome

Tigres coma cabalos

Denuncia do equilibrio

 

Clara Pino e Pablo Vidal:

Irás dirás virás

Non me conteño

I Concurso de Poesía _ < 21 de marzo, Día da Poesía >

Logo de revisar todos os poemas recibidos, xa temos gañadores!

A alumna premiada da Categoría I (1º e 2º ESO) é… Aroa Rodríguez Iglesias!

E a alumna premiada da Categoría II (3º e 4º ESO) é… Antía Rey Collazo!

Moitos parabéns ás dúas! Premede nas imaxes para ler os poemas!

 Moitas grazas por participar a todos!

Agardamos ver as vosas creacións en vindeiras edicións!

 

 

Día do Libro: 23 de abril de 2021 _ APADRIÑAMENTOS LECTORES

Xa case era tradición realizar apadriñamentos lectores na escola para conmemorar o Día do Libro. Maiores e pequenos, xuntos, gozando da lectura…

Este curso, por mor da Covid, non podemos realizalos de xeito presencial. Pero aínda así, non quixemos deixar pasar a oportunidade de disfrutar dos contos! Velaquí os que escolleu o alumnado para esta data. Agardamos que vos gusten!

 

 

 

Preme sobre cada título para acceder:

 

 

Contos do alumnado de 6º de Educación Primaria

Agora non, Bernardo

¡Mío!

Se che pica un mosquito

Wonder

Un rico pastel

Nicomedes, o pelado

Prohibida la entrada a los elefantes

Por cuatro esquinitas de nada

Valentina tiene dos casas

El huerto, ¿quién hace la miel? 

 

Conto do alumnado de 6º de Educación Infantil 

Os Chibos Chibóns 

 

Conto realizado polo alumnado de 6º e 2º de E.P. e 6º de E.I. para o Día da Muller 

Bonitas

Día do Libro: 23 de abril de 2021 _ CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!!

Concurso de fotografía para festexar o Día do libro!

Envía a túa foto orixinal co libro ou libros que máis che gusten a

biblioteca@pecalama.org ata o 9 de maio!

Anímate a participar!

Día do Libro: 23 de abril de 2021

 

Este venres, día 23 de abril, celébrase o Día mundial do libro.

Se aínda non escolleches a túa lectura para estes días, corre ás bibliotecas do teu colexio para gozar das últimas novidades!! 

 

Día do Libro: 23 de abril de 2021

 

21-M: Día da Poesía

 Que aínda non escribiches a túa poesía?

Bule!

8-M: Día Internacional da Muller 2021

As mozas bonitas son as que están empoderadas e son listas e fortes!

Pincha na imaxe para ver a adaptación do conto de “Bonitas” que fixo o alumnado!

8-M: Día Internacional da Muller 2021

Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema:  “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da  Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de  Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten.

Ven á túa Biblioteca Escolar para consultar ou levar en préstamo libros da temática celebrada así como tamén para coñecer a importantes mulleres ilustres!

 

Se queres coñecer máis polo miúdo a estas mulleres ilustres, pica na imaxe do taboleiro!

24 de febreiro _ Día de Rosalía

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, coma o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actvidades que achegan ao alumnado a súa vida e obra.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convídanos a festexalo neste 2021 baixo o lema “Teus doces cantares”.

 Preme na imaxe do libro “Os bolechas: as miñas primeiras Letras Galegas” e

xoga con Rosalía de Castro!

 

 

11 de febreiro: Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogn as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas!

No More Matildas

11 de febreiro - No More Matildas

 

Felices Festas!

 Con esta panxoliña feita polo alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria queremos desexarvos a todas as familias felices festas e próspero aninovo!

 

 Picade nos botóns de cada curso para ver a súa versión!

 

 

Recomendacións Lectoras para o Nadal

Aínda non sabedes que mercar este Nadal? Non o dubidedes: apostade polos libros!

Xoana Xoaniña déixavos na seguinte imaxe unha selección das lecturas que vos recomenda para estas vacacións. Agarda que vos gusten e que vos sexan útiles para aproveitar e pasar as horas estes días de frío!

 

Nadal na Biblioteca de Xoana Xoaniña

Chegou decembro e con el a choiva!

Nos recreos deste mes, que por causa da choiva tivemos que facer turnos e quedar na Biblioteca de Xoana Xoaniña, aproveitamos para preparar debuxos para decorar as nosas aulas e os nosos fogares!

 

 

                                                     

 

                                             

 

                                                   

                         

        

Concurso de relatos de medo 2020

 Logo de revisar con detemento todos os relatos recibidos, xa temos gañadores!

O alumno premiado da Categoría I (1º e 2º ESO) é... Brais López Dubra!

E o alumno premiado da Categoría II (3º e 4º ESO) é... José Manuel Vázquez González!

Moitos parabéns aos dous! Tamén ao alumnado restante, ao que animamos a participar en vindeiras edicións!

 

  

 

E, se queredes ler os fantásticos relatos que fixeron, picade nas seguintes imaxes.

 

Relato BraisRelato José Maneul

Tempo de Samaín

Que a semana pasada andastes moi atarefados e atarefadas preparando os disfraces e as cabazas e non vos deu tempo de coller un libro de Samaín? Non vos preocupedes! A exposición sigue dispoñible durante esta semana tamén. Bulide!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut