Skip to Content

Actualidade

24 de outubro: Día das bibliotecas, de todas as bibliotecas

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS

Sexa a que sexa, non dubidedes en visitalas!

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 2020

Chega o outono e con el o Samaín! Velaquí unha nova edición do

Concurso de Relatos de medo

Consulta atentamente as bases e… anímate a participar!!

DÍA DAS ESCRITORAS _ 19 de outubro 2020

O DÍA DAS ESCRITORAS é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federeación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Neste 2020 celébrase a V Edición, o próximo luns 19 de outubro, baixo o lema: 

“O esforzo cotián das mulleres”

Dende a Biblioteca de Xoana Xoaniña queremos visibilizar a obra das escritoras galegas a través dunha exposición. Nela pódense encontrar títulos variados de persoeiras coma: Paula Carballeira, Concha Blanco, Helena Villar Janeiro, Xohana Torres, Fina Casalderrey, María Victoria Moreno, Marilar Alexandre, Paula Señarís…

Tamén se pode premer neste enlace para acceder a unha Escolma de textos de escritoras

Para coñecer biografías, textos, artigos, entrevista, vídeos… de e sobre distintas autoras premede neste enlace para acceder á Xeografías de escritoras

 


 

 

Letras Galegas 2020

Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado á figura de D. Ricardo Carvalho Calero.

Preme na imaxe para coñecer a información que a Real Academia Galega nos ofrece sobre el, no apartado reservado a esta celebración da súa páxina web.

Día do Libro

Hoxe é o Día do Libro, pero que pasa se xa rematastes de ler os libros que tiñades na casa??

Para axudarnos a pasar mellor esta corentena a Editorial Kalandraka propón unha nova sección chamada “Contos Contados”. Premede na imaxe para acceder á ela na súa canle na que, diariamente, irán aparecendo libros editados ao longo destes anos.

Contamos un conto?

 

 

Blog da Biblioteca

GUÍA DE USUARIO DA BIBLIOTECA DE SECUNDARIA

 

 

                                           

  TAMÉN PODES BUSCAR NO CATÁLOGO EN LIÑA PINCHANDO NO ENLACE MEIGA 

BIBLIOTECA E. INFANTIL E PRIMARIA -FORMACIÓN DE USUARIOS

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero 

Ricardo Carballo Calero medrou en Ferrol, rematou o bacharelato na Coruña e en 1926 marchou estudar Dereito e Filosofía a Santiago de Compostela, onde mantivo unha intensa actividade intelectual e política: entrou axiña en contacto co galeguismo artellado arredor do Seminario de Estudos Galegos —do que chegou a ser secretario xeral— e cultivou un estreita relación con Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e outros mestres da Xeración Nós. Nesta etapa redactou un manifesto sobre a galeguización da universidade (subscrito, entre outros, por Álvaro Cunqueiro ou Francisco Fernández del Riego) e participou na fundación do Partido Galeguista e no proceso de redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia. Dos anos de mocidade son ademais as súas primeira obras literarias, os poemarios Vieiros (1931), o seu primeiro libro en galego, e O silenzo axionllado (1934).Participou na primeira xeira da Colección Grial e foi membro do consello de redacción e constante colaborador da revista Grial desde a súa saída en 1963 ata 1989, pouco antes do seu pasamento.En 1965 incorporouse como profesor interino á Universidade de Santiago de Compostela, da que foi o primeiro docente das materias de Lingua e Literatura Galegas, que se acababan de introducir como optativas nos programas universitarios; e en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas, posto do que se xubilou no ano 1980. Sigue lendo

 

 

 

 

 

Antón Fraguas, protagonista del Día das Letras Galegas de 2019

             

 

 

Sigue lendo

 

 

 

Benvidos á Biblioteca

Biblioteca do CPI Pecalama                            NORMAS DA BIBLIOTECA 

Enlace ao  Blog da biblioteca Bibliopecalama

Para buscar un libro na nosa biblioteca  pincha na imaxe ou neste enlace

 

 

                    

NORMAS DA BIBLIOTECA 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut