Skip to Content

DÍA DAS ESCRITORAS _ 19 de outubro 2020

O DÍA DAS ESCRITORAS é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federeación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Neste 2020 celébrase a V Edición, o próximo luns 19 de outubro, baixo o lema: 

“O esforzo cotián das mulleres”

Dende a Biblioteca de Xoana Xoaniña queremos visibilizar a obra das escritoras galegas a través dunha exposición. Nela pódense encontrar títulos variados de persoeiras coma: Paula Carballeira, Concha Blanco, Helena Villar Janeiro, Xohana Torres, Fina Casalderrey, María Victoria Moreno, Marilar Alexandre, Paula Señarís…

Tamén se pode premer neste enlace para acceder a unha Escolma de textos de escritoras

Para coñecer biografías, textos, artigos, entrevista, vídeos… de e sobre distintas autoras premede neste enlace para acceder á Xeografías de escritoras

 


 

 



page | by Dr. Radut