Skip to Content

Espazo Abalar

Pago telemático do comedor a través do Espazo Abalar

A continuación móstrase un vídeo onde se pode ver todo o proceso de pagameno telemático do comedor escolar. Desta maneira non é necesario acudir ao banco nin tampouco levar ningún xustificante ao centro, xa que se rexistra automaticamente e se pode comprobar que está cumprimentado o pagamento.

De momento, só se pode realizar a través dun navegador. É dicir, ou ben dende un ordenador ou empregando o móbil pero usando, por exemplo, Chrome, Firefox, ... NON SE PODE REALIZAR DENDE A APLICACIÓN ABALARMÓBIL.

Aqueles/as responsables que nunca fixeron o pagamento desta forma, teñen que comunicarlle ao centro (881898572 ou cpi.pecalama@edu.xunta.gal) a súa intención de comezar a empregar este método, xa que hai que habilitar esa posibilidade.

 

Se despois de ver o vídeo, seguen tendo calquera dúbida teñen unha canle de atención ás familias do Espazo Abalar no seguinte enderezo. Tamén poden enviar un correo a jorge@pecalama.org, onde trataremos de darlle solución ao problema que puidese ter xurdido.

 

Abalar - Atención ás familias

Se ten algunha consulta ou incidencia relacionada coa aplicación abalarMóbil, premendo na seguinte ligazón accederase a un espazo web onde está toda a información relacionada coa aplicación. Nesa mesma páxina, navegando polo menú da esquerda, poderase entrar nunha sección (premendo aquí chegará a esa parte) onde hai a posiblidade de encher un formulario de consulta para que traten de darlle unha solución a calquera tipo de problema ou dúbida que teñan.

 

Portal das familias e o alumnado

Premendo na seguinte imaxe, accédese ao Portal das Familias e Alumnado da Consellería de Educación.

Imaxe de acceso ao Portal das Familias e Alumnado

 

Abalar Web (acceso dende un navegador dun ordenador, tableta ou teléfono móbil)

Accedendo ao Espazo Abalar dende o navegador dun equipo, ben sexa un portátil, un pc de sobremesa ou incluso dendo o navegador dun dispositivo móbil, teremos acceso a máis funcionalidades e recursos que dende a aplicación móbil AbalarMóbil.

Ademais de poder realizar as seguintes operacións, que tamén se realizan dende a App:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación.
  • Contactar co servizo técnico.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

Poderemos realizar o pago das taxas de comedor escolar, facendo clic sobre a ligazón que se nos presenta no apartado de Servizos complementarios. Para poder realizar o pagamento, deberemos de dispoñer dun certificado dixital, dun DNI Electrónico ou da Chave 365. Facenco clic na seguinte imaxe, accederase a un documento que explica como se pode realizar a citada operación:

 Descarga pdf instrucións pagamento comedor

Se queren realizar o pago de forma telemática e nunca o teñen feito, tense que habilitar esa posibilidade dende o centro, polo que é necesario comunicalo poñéndose en contacto co mesmo ou enviar un correo á dirección jorge@pecalama.org

 

Do mesmo xeito, ponse a disposición de descarga a Guía para as familias sobre o Espazo Abalar, confeccionada pola Xunta de Galicia.

Guía familias Espazo Abalar

En calquera caso, se teñen calquera dúbdia que poidamos solucionar dende o centro, poden poñerse en contacto a través dos medios publicados nesta páxina ou escribindo un correo electrónico a jorge@pecalama.org.

 

 

Uso da App AbalarMóbil

GRAZAS AOS BENEFICIOS EN TERMOS DE COMUNICACIÓN E INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN ENTRE O CENTRO, O PROFESORADO E AS FAMILIAS, RECOMÉNDASE A INSTALACIÓN, SE AÍNDA NON A TEÑEN, DA APLICACIÓN MÓBIL DE ABALAR.

AS FAMILIAS QUE DESCARGUEN ABALARMÓBIL VAN A DISPOÑER DAS SEGUINTES FUNCIONALIDADES:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación.
  • Contactar co servizo técnico.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

O MECANISMO DE TRABALLO COA APLICACIÓN É MOI SINXELO. OS PASOS A SEGUIR SON OS SEGUINTES:

1.- DESCARGA DA APP (ben do Google Play no caso de dispositivos Android ou do App Store no caso de Apple).

Nos seguintes vídeos pódese ver como facelo en ambos casos:

2.- REXISTRO NA APLICACIÓN

O único que hai que facer é introducir o número de teléfono no que se está a instalar a aplicación (debe ser o número rexistrado no centro como teléfono do/a responsable do/a alumno/a).

Despois de introducir o número, chegaranos un código que debemos introducir na casilla que se nos mostra (isto só se fai a primeira vez, xusto despois de instalar a aplicación).

3.- E, POR ÚLTIMO, ESTABLECER O CONTRASINAL PARA PODER ACCEDER Á APLICACIÓN CADA VEZ QUE A EMPREGUEMOS.

No seguinte vídeo podemos ver como se realizarían estes pasos:

UNHA VEZ IDENTIFICADOS, ACCEDEREMOS AO ALUMNO/A OU ALUMNOS/AS QUE TEÑAMOS AO NOSO CARGO. DESPOIS DE PICAR ENRIBA DO SEU NOME, HABERÁ UN MENÚ NA ESQUERDA ONDE, DE MANEIRA MOI VISUAL E INTUITIVA, ACCEDEREMOS A DIFERENTES SECCIÓNS PARA REALIZAR DISTINTAS TAREFAS.

 

A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSLLES DOUS NOVOS VÍDEOS EXPLICATIVOS DA INSTALACIÓN E DO FUNCIONAMENTO XERAL DA APLICACIÓN E DOUS DOCUMENTOS, A MODO DE GUÍA OU MANUAL, POR SE NECESITAN CONSULTALO.

Guía mensaxería Abalar Guía Abalar familias

EN CALQUERA CASO, SE PRECISAN AXUDA DE CALQUERA TIPO, PODEN ENVIAR UNHA MENSAXE A jorge@pecalama.org, ONDE TRATAREMOS DE RESOLVER AS POSIBLES INCIDENCIAS QUE POIDERAN XURDIR.

MOITAS GRAZAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut