Skip to Content

Abalar Web (acceso dende un navegador dun ordenador, tableta ou teléfono móbil)

Accedendo ao Espazo Abalar dende o navegador dun equipo, ben sexa un portátil, un pc de sobremesa ou incluso dendo o navegador dun dispositivo móbil, teremos acceso a máis funcionalidades e recursos que dende a aplicación móbil AbalarMóbil.

Ademais de poder realizar as seguintes operacións, que tamén se realizan dende a App:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación.
  • Contactar co servizo técnico.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

Poderemos realizar o pago das taxas de comedor escolar, facendo clic sobre a ligazón que se nos presenta no apartado de Servizos complementarios. Para poder realizar o pagamento, deberemos de dispoñer dun certificado dixital, dun DNI Electrónico ou da Chave 365. Facenco clic na seguinte imaxe, accederase a un documento que explica como se pode realizar a citada operación:

 Descarga pdf instrucións pagamento comedor

Se queren realizar o pago de forma telemática e nunca o teñen feito, tense que habilitar esa posibilidade dende o centro, polo que é necesario comunicalo poñéndose en contacto co mesmo ou enviar un correo á dirección jorge@pecalama.org

 

Do mesmo xeito, ponse a disposición de descarga a Guía para as familias sobre o Espazo Abalar, confeccionada pola Xunta de Galicia.

Guía familias Espazo Abalar

En calquera caso, se teñen calquera dúbdia que poidamos solucionar dende o centro, poden poñerse en contacto a través dos medios publicados nesta páxina ou escribindo un correo electrónico a jorge@pecalama.org.

 

 



page | by Dr. Radut