O luns 13 de maio, no recreo, entregáronse os premios do IV Concurso de Poesía do CPI Pecalama. Lucía Tasende Castro (4º ESO) e Tomás Seoane Liñares (3º ESO) foron os encargados de dar a coñecer os títulos das composicións premiadas polo xurado.
Xiana Oreiro Lamas (1º ESO) foi a gañadora na modalidade de poesía en lingua galega e Aroa Rodríguez Iglesias (4º ESO) foi a vencedora na modalidade de composición lírica en lingua castelá.
PARABÉNS!