Skip to Content

Actualidade

A cabeza do dragón

O pasado martes o EDL organizou unha actividade para todo o alumnado de Infantil, Primaria e alumnado de 1º ESO. Puideron gozar dunha fantástica representación teatral de monicreques da man da compañía “Cachirulo”. E que ben o pasaron!!!

A compañía realizou unha adaptación para monicreques da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, La cabeza del dragón. Nela, o príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten cativa a filla do Rei Micomicón para poder retornar triunfante á casa.

Preme na seguinte imaxe para ver máis ...

Alumnado na representación teatral

E aquí vos deixamos un par de fragmentiños da obra!!

 

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Recomendacións para o Día do Libro

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, que se festexa o 23 de abril, Paula Fraga e Anxo Cancela, alumnado de 2º ESO recoméndanche os seguintes libros!!

Botádelle unha ollada, que paga a pena!!! E lembra, unha nena ou un neno que le, será unha persoa adulta que pensa!!


Paula Fraga recomendando "Cidade átomo"

 

 


Anxo Cancela recomendando "O neno do pixame de raias"


Paula Fraga recomendando "A neve interminable"

 

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

Apadriñamento polo Día do Libro

O martes 18 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria preparou contos para lerlle, en dúas quendas, ao alumnado máis pequeno de primaria e ao alumnado de infantil no patio cuberto.

(Premendo na imaxe inferior accédese ás fotos da xornada)

Alumnado de Infantil e Primaria durante a xornada de apadriñamento polo Día do Libro

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN CONMEMORACIÓNS

 

Entrega de premios do III Concurso de poesía CPI Pecalama

Entrega de premios ás gañadoras do III Concurso de Poesía do CPI Pecalama 

Parabéns a Aroa Rodríguez Iglesias (3º ESO) como gañadora do concurso de poesía en castelán e a Olalla Sánchez Couselo (1º ESO) como gañadora do concurso de poesía en galego!!!

A continuación tedes os textos e o recitado das poesías gañadoras.

Poesía gañadora en galego

(poesía elaborada por Olalla)


(poesía recitada por Thony)

Poesía gañadora en castelán

(poesía elaborada por Aroa)


(poesía recitada por Jesús Otero)

Se queredes ver as fotos da entrega, premede na seguinte imaxe

Foto de Aroa e Olalla

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

E O ALUMNADO GAÑADOR DO CONCURSO DE ESOPÍAS FOI...

O pasado mércores o xurado, que valorou as esopías creadas polo estudantado de 3º e 4º de ESO, desvelou as persoas gañadoras. Foi unha tarefa ben complicada!

Aquí están a piques de descubrir o seu agasallo! Moitos parabéns a Paula Ferradás (4º ESO), Aroa Rodríguez (3º ESO) e Ricardo Bello (4º ESO)!!! (se queres saber cal foi o seu agasallo, preme na foto)

Foto do alumnado gañador co agasallo

E aquí vos deixamos os textos e o recitado das esopías, momento en que se descobren as persoas gañadoras!!

Mar e onda

(esopía elaborada por Paula Ferradás)


(esopía recitada por Anxo Liñares)

Meu o luar

(esopía elaborada por Aroa Rodríguez)


(esopía recitada por Jesús Otero)

Sen o dano

(esopía elaborada por Ricardo Bello)


(esopía recitada por Iago Rey)

E moitísimas grazas a todo o alumnado participante de 3º e 4º de ESO!!! Que tamén tiveron o seu agasallo!

Foto do alumnado participante no concurso das esopías

BIBLIOTECA DINAMIZACIÓN

 

O número PI e a creación literaria

O pasado martes o alumnado de 3º e 4º ESO realizou unha actividade asociada ao número PI.

(Premendo nas imaxes da publicación accédese a elas en tamaño grande)

Exposición do número PI feita polo alumnado

E por que o pasado martes?

Conmemoración número PI

O alumnado de 3º e 4º ESO descubriron como este número “máxico” e outros números deron lugar a moitas creacións literarias!! E aquí vos deixamos a primeira realizada polo alumnado de 4º ESO: a tradución do poema “Número Pi da autora Wislawa Szymborska, premio Nobel de Literatura. Mais fixeron unha desfeita! Está desordenado! Que crebacabezas! Serías quen de armalo correctamente?

Crebacabezas poema

Afondaron neste concepto matemático e viron como a matemática e a creación literaria non están tan afastadas!! Por aquí deixamos as súas creacións literato-matemáticas. Estas creacións reciben o nome de ESOPIAS.

Esopías

Por cal votarías ti? Está difícil a decisión!! Agora toca agardar a que o xurado decida. Nuns días daremos a coñecer a persoa gañadora!

(Clica na imaxe para as poder ler)

Amo e teño a Xesús Can e loba Eis o tolo a mirar Ela é bela e feliz Era o home Era o neno o matón Mar e onda Meu o luar Non é gato Roi o neno é listo Sen o dano Sen o ollo Son e veño Ten o pelo e corpo Vén a area Vin o demo a xogar Vou á caza Ela

BIBLIOTECA

 

Día da Poesía

O martes 21 de marzo conmemórase o "DÍA DA POESÍA" e, para celebralo, convócase un Concurso de Poesía. Na seguinte imaxe están as instrucións do mesmo.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

Cartel do concurso do Día da Poesía

BIBLIOTECA

 

Conmemoración do 8M

Con motivo da conmemoración do "8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" celebraranse diferentes actividades no CPI Pecalama.

Exposición de cartelería

Cartel 8M

Mostra de libros

Imaxe da mostra de libros na entrada do centro

Visionado do filme La skater

Cartel da película La Skater

E máis actividades que aínda están por concretar

 

14 de febreiro - San Valentín

14 de febreiro, San Valentín no Pecalama

Cartel San Valentín Carteis na entrada do centro
Maleta San Valentín Sobres de San Valentín

 

Conmemoración do Día d@s Ilustrador@s

Con motivo da conmemoración do "DÍA D@S ILUSTRADOR@S", o pasado 2 de febreiro, Tomás Guerrero impartiu un Obradorio sobre o Cómic ao alumnado de 1º e 3º da ESO

Cartel Día d@s Ilustrador@s

 

Facendo clic na seguinte foto accédese ás imaxes da xornada

Imaxe de Tomás Guerrero durante o obradoiro

 

Día d@s Ilustrador@s

30 de xaneiro - DÍA D@S ILUSTRADOR@S!

Facendo clic nas imaxes accédese a elas en grande

Cartel Día d@s Ilustrador@s

 

Carteis anunciando a conmemoración

Cartel no corredor do centro Carteis nas escaleiras do centro

Expositor de libros no corredor do centro

Expositor dos libros

 

Benvida a Maleta Viaxeira ao CPI Pecalama

Benvida a maleta viaxeira Mariñeira!

Facendo clic nas imaxes accédese a elas en grande

Cartel Maleta Viaxeira Mariñeira

 

Do 9 de xaneiro ao 9 de febreiro estará connosco!!

Imaxe da maleta

Estes son os tesouros que nos trae

Imaxe dos libros incluídos na maleta

O primeiro contacto co alumnado ...

Alumnado en clase cos libros Alumnado en clase cos libros

E xa dispoñible para a comunidade educativa de Tordoia!!!

Expositor dos libros en Secundaria Expositor dos libros en Primaria

 

Preparación das candeas do 25N na biblioteca

A semana previa á conmemoración do 25N, o alumnado de 1º da ESO estivo preparando as candeas e o material que se empregaría no día do acto

MOITAS GRAZAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN NA CELEBRACIÓN DA XORNADA

Facendo clic na imaxe accédese á galería de fotos da preparación dos materiais na biblioteca

Foto do alumnado traballando na biblioteca

 

Novembro - Mes da Ciencia nas Bibliotecas

Novembro

Mes da Ciencia nas Bibliotecas

Se facedes clic nas imaxes, veranse en grande

Imaxe da cartelería na entrada do centro Imaxe da biblioteca Exposición de libros científicos en Secundaria
Exposición de libros científicos en Primaria Cartel promocional

 

Entrega de premios do Concurso de Relatos de Medo - Samaín 2022

O venres 4 de novembro procedeuse á entrega dos premios ao alumnado participante no Concurso de Relatos de Medo do Samaín 2022.

A continuación preséntanse os diferentes traballos gañadores, así como a correspondente recollida de premio.

PARABÉNS A TODOS/AS OS/AS PARTICIPANTES!!!

Lembrade que ao facer clic pódense ver as imaxes en grande

XIANA OREIRO LAMAS - GAÑADORA CAT I

Entrega do premio a Xiana

ANXO CANCELA GESTO - GAÑADOR CAT 1º e 2º ESO

Entrega do premio a Anxo

PAULA FERRADÁS PALLAS - GAÑADORA CAT 3º e 4º ESO

Entrega do premio a Paula

Mostramos de seguido o resto dos traballos de Primaria presentados.

NORABOA!!!

Portada do traballo de Estela Oreiro Lamas Portada do traballo de Irene Boquete Lamas Portada do traballo de Noa Cancela Gesto Portada do traballo de Rosa Fraga González Portada do traballo de Valeria Mata Uzal

 

Celebración do Magosto 2022

O pasado venres 4 de novembro, celebramos o MAGOSTO 2022 no CPI Pecalama. Participou todo o alumnado do centro, desfrutando, nunha marabillosa xornada, dunhas deliciosas castañas

Facendo clic na imaxe accédese ás fotos do día

Foto de castañas no Magosto 2022

 

Samaín 2022

Celebración do SAMAÍN 2022 no CPI Pecalama

Facendo clic na imaxe accédese ás fotos do día

Foto se Samaín 2022

 

Busca do Gato no Día das Bibliotecas

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o pasado 24 de outubro, houbo unha BUSCA DO GATO. Velaquí as fotos da xornada.

Facendo clic nas imaxes accédese a elas en grande

Busca do gato

En busca do Gato

Máis alumnado en busca do Gato

Máis alumnado buscando o Gato

Atoparon o gato

Atoparon o Gato

En busca do gato - Participantes

Participantes na busca do Gato

 

Celebración do Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS co alumnado de 1º ESO e 2º ESO coa actividade “Na procura dun tesouro!”.... E cadaquén atopou o seu tesouro!!

Facendo clic nas imaxes accédese a elas en grande

Alumnado de 1º da ESO no Día das Bibliotecas Día das Bibliotecas en Secundaria

Agora xa poden atopar novos tesouros na Biblioteca do CPI Pecalama!!

 

Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS

Facendo clic nas imaxes accédese ao cartel en grande

Día das Bibliotecas en Primaria Día das Bibliotecas en Secundaria

 

Concurso de relatos de medo Samaín 2022

Cartel concurso Samaín 2022

 

Visita á casa Emilia Pardo Bazán e á Real Academia Galega

O mércores 8 de xuño, o alumnado pertencente ao CLUB DE LECTURA ROMALIA, visitou as instalacións da Real Academia Galega e a Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, que se atopa nas mesmas instalacións da academia

ACCESO A MÁIS FOTOS CLICANDO NA SEGUINTE IMAXE

Alumnado diante da Real Academia Galega e Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

 

Visita á Fundación Xosé Neira Vilas

O pasado martes, 7 de xuño, o alumnado de secundaria visitou a Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, Vila de Cruces

PODEDES VER AS FOTOS DA XORNADA FACENDO CLIC NA SEGUINTE IMAXE

Placa na entrada da Fundación Xosé Neira Vilas

 

Día das Letras Galegas 2022

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas en honor, este ano, a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN realizouse unha exposición de cartelería nos corredores e na entrada do centro e alumnado de secundaria procedeu á lectura da biografía e diferentes poemas do homenaxeado aos seus/súas compañeiros/as.

Exposición de obras de Florencio Delgado Gurriarán no pasillo do centro Exposición de carteis informativos no pasillo do centro
Cartel principal Florencio Delgado Gurriarán

A continuación podedes ver o vídeo das lecturas.

 

Concurso de Fotografía do Día do Libro

Co motivo da conmemoraición do Día do Libro celebrouse un Concurso de Fotografía.

Cartel do concurso Cartel do concurso coas fotos gañadoras de Secundaria

A continuación vemos as fotos dos/as gañadores/as e o momento de entrega do premio correspondente:

Lembrade que ao facer clic pódense ver as poesías e as imaxes en grande

NEREA TORRES (5º PRIMARIA) - GAÑADORA DO CONCURSO EN PRIMARIA

Foto gañadora en Primaria Entrega do premio a Nerea

ANXO CANCELA GESTO (1º ESO) - GAÑADOR 1º E 2º ESO

Foto gañadora en 1º e 2º da ESO Entrega do premio a Anxo

DIEGO ESMORÍS SOUTO (4º ESO) - GAÑADOR 3º E 4º ESO

Foto gañadora en 3º e 4º da ESO Entrega do premio a Diego

 

Día do libro en Secundaria

Día do Libro en Secundaria no CPI Pecalama.

Lembrade que ao facer clic pódense ver as imaxes en grande

Debuxo de Nerea Pensado Iglesias (4º da ESO)

Debuxo de Nerea Pensado (4º da ESO)

 

Día do Libro en Primaria - Apadriñamento lector

Con motivo da celebración, o 23 de abril, do Día Internacional do Libro, celebráronse diversos actos en Educación Infantil e Primaria. Así, na seguinte imaxe, podemos ver o expositor situado no centro, establecido e deseñado en colaboración co alumando.

Expositor Primaria Día do Libro

Paralelamente, e aproveitando o bo tempo, desenvolveuse a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR, onde alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria sentáronse e leron, tranquilamente e tratando de fomentar o gusto pola lectura, diferentes libros en dous turnos: nun primeiro turno a compañeiros/as de 1º, 2º e 3º de primaria, e posteriormente a rapaciños/as de Educación Infantil. A xornada foi moi interesante e resultou de agrado para todo o alumnado. Sen dúbida, unha experiencia a repetir.

Se facedes clic na seguinte imaxe, podedes ver as fotos da xornada:

Apadriñamento lector no patio de Primaria

 

23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Queres pasar medo? Afondar na Historia e nas mentes humanas? Ver o mundo que te rodea con outros ollos? Descubrir como se vive noutras partes do mundo?... Fai do 23 de abril, Día Internacional do Libro, todos os días da túa vida!

E para comezar, o alumnado do CPI de Pecalama suxíreche algún dos libros que leron ao longo deste curso.

 

 

Entrega de premios ao alumnado de primaria participante no II Concurso de Poesía

O xoves 31 de marzo procedeusa á entrega dos premios ao alumnado de primaria participante no II Concurso de Poesía no CPI Pecalama.

A continuación vemos á gañadora, ESTELA, e á finalista, JULIA, recollendo os seus premios das mans dos presentadores, Anxo e Martín, así como as súas poesías.

Lembrade que ao facer clic pódense ver as poesías e as imaxes en grande

ESTELA OREIRO LAMAS - GAÑADORA

Estela - Gañadora en primaria Entrega do premio a Estela

JULIA SUÁREZ GARCÍA - FINALISTA

Julia - Finalista en primaria Entrega do premio a Julia

Presentamos, de seguido, as poesías do resto dos e das participantes.

NORABOA!!!

Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria Poesía de alumnado de primaria

 

Charla de Antía Rey sobre o seu libro de poesía e entrega dos premios do II Concurso de Poesía

O pasado xoves, 24 de marzo, acudiu ao centro a exalumna Antía Rey Collazo para falarnos do seu primeiro libro de poesía, "VIDA SIN FLORES", e todo o relacionado co deseño do mesmo e as diferentes alternativas para a publicación.

Facendo clic nas imaxes pódense ver en grande

Fotos da visita de Antía Fotos da visita de Antía Fotos da visita de Antía Fotos da visita de Antía

Ademais, aproveitando a súa visita, procedeuse á entrega dos premios ás gañadoras do II Concurso de Poesía. Estas foron:

ANDREA GOIMIL LIÑARES - GAÑADORA DO POEMA EN CASTELÁN

Andrea - Gañadora de poesía en castelán Entrega do premio a Andrea

CLAUDIA SEÑARÍAS PAZOS - GAÑADORA DO POEMA EN GALEGO

Claudia - Gañadora de poesía en galego Entrega do premio a Claudia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut