O martes 19 de marzo o alcalde de Tordoia, D. Antonio Pereiro Liñares, recibiu ao alumnado de 4º da ESO no Salón de Plenos do concello, para interesarse polo seu futuro e anunciarlles a axuda económica coa que o consistorio contribuirá para a excursión de fin de curso.
Os alumnos e alumnas de 4º, así como o centro, agradecen a colaboración para a saída que porá fin aos seus estudos no CPI Pecalama.