Skip to Content

"DI KE NON" - Actividade de Prevención da drogodependencia

Este pasado martes, 15 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nunha actividade encamiñada á prevención da drogodependencia.

Di K Non é unha experiencia educativa na que os presos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias cos escolares galegos para evitar que se poidan tomar drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e pola Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro en outubro de 2011, é unha experiencia pioneira na educación que foi ben recibida pola comunidade educativa e foi premiada o ano 2018 pola Fundación Galega contra o narcotráfico pola súa labor de prevención da adicción ás drogas entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas nas prisións, facilitando a reinserción social dos reos.

Máis de 8.000 estudantes participaron en Di K Non desde o seu lanzamento en 2011. Este curso só 10 centros foron seleccionados para participar nesta experiencia.

A actividade consistiu nunha representación teatral dos internos do cárcere de Teixeiro e un encontro-conversa dos mesmos co alumnado nunha primeira xornada no centro, para completarse cunha visita ao cárcere noutro día (no caso do CPI de Vedra o vindeiro día 22 de xaneiro). Nesta ocasión só participará o alumnado de 4º de ESO.

Ver fotos

 

 



story | by Dr. Radut