Skip to Content

PROXECTO DRAGAL

O centro está a participar co alumnado de 1º ESO no PROXECTO DRAGAL.

É un proxecto de animación á lectura dende a materia de Lingua Galega. Trátase dunha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se está desenvolvendo no 2.º e 3.º trimestre deste curso.

Os/as alumnos/as len “A herdanza do dragón” de Elena Gallego Abad e levan a cabo un traballo paralelo e en colaboración con rapaces doutros centros educativos de toda Galicia. A esta altura, están acabando a lectura, ambientando (“dragalizando”) as aulas e elaborando á par un dicionario dragaliano.

No día de onte recibimos a visita da escritora Elena Gallego no noso centro, a partir das 16 h. Compartiu unha sesión de clase co alumnado de 1º de ESO. 

A seguinte actuación dentro do PROXECTO é a visita e actuación dun contacontos: César Cambeiro co seu espectáculo “Tradición 2.0” que será o día 26 de abril a partir das 15:15.

E a última actividade está prevista para a semana final de maio ou 1ª de xuño (data aínda sen determinar). Será unha saída ao Pico Sacro onde se verán durante unha xornada todos os rapaces e profesores que participan este curso no proxecto. Dende as 10:00 e ata as 16:00 participarán nun xogo de rol percorrendo o monte e superando probas.

Todo están organizado e pautado con monitores de tempo libre. O desprazamento e a comida e todo canto gasto xere a xornada corre a cargo da SXPL. Para o alumnado é de balde, como tamén é gratis a charla da escritora e a actuación do contacontos.

 

Fotos da visita de Elena Gallego.



story | by Dr. Radut