Sección bilingüe |
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a formación do noso alumnado nas linguas estranxeiras europeas dado que a comunicación nunha lingua estranxeira é moi importante na nosa sociedade. As chamadas seccións bilingües traballan neste sentido para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado galego. Teñen como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en galego/castelán e unha lingua estranxeira. A organización das mesmas está regulada pola Orde do 10 de xuño de 2005, DOG do 24 de xuño. O CPI Cernadas de Castro, como vén facendo dende o ano 2005, está a ofertar seccións bilingües. O centro ofrécelle a posibilidade ó alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO de cursar diversas áreas dun xeito bilingüe, é dicir na lingua materna (galego/castelán) combinándoa coa introducción progresiva dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés. |
|||
Unha sección bilingüe é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística, que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea. O proxecto de sección bilingüe inclúese no Proxecto Lingüístico do centro, que recolle todas as accións que se desenvolven no centro con respecto a todas as linguas, tanto ambientais como estranxeiras. |
|||
A súa finalidade é reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira a través da incorporación parcial do seu uso como vehículo de comunicación na área en que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica. |
|||
O currículo das áreas, materias ou módulos das seccións bilingües será e terá a mesma carga horaria que o establecido na normativa vixente con carácter xeral. Porén, no caso da educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional específica, o alumnado poderá recibir un máximo de dous períodos semanais de clase de reforzo do idioma, como ampliación do seu horario lectivo, que serán impartidos polo seu profesorado especialista de lingua estranxeira, se as necesidades formativas sí o requiren e os recursos do centro o permiten. |
|||
|
|||
A avaliación e promoción do alumnado axustarase en todos os casos aos procedementos establecidos na normativa vixente con carácter xeral. Para este fin, o profesorado que imparte as seccións bilingües recibirá o apoio do profesorado especialista do idioma para avaliar a adquisición de competencias lingüísticas do alumnado en relación á súa materia. En todo caso, seguiranse as seguintes pautas á hora de facer a avaliación: |
|||
Páxina da Rede Linguas: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas |
|||
Para consultar a Orde que regula estas ensinanzas prema neste enlace: Orde do 18 de abril de 2007 |
|||