A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.
· Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.