[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

Información xeral

Stop Motion!

O alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil estamos inmersos na creación dunha curta de animación. Os primeiros pasos e as primeiras decisións foron escoller o conto, as personaxes, esceas...

Nestes momentos estamos a eleborar os escenarios da nosa curta.

PELO, PICO, PATA

Como moitos de vos sabedes, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil está a traballar cos animais ao abeiro do plan Proxecta. En concreto, desenvolvemos durante este curso o Proxecto "Pelo, pico, pata: cóidame, respéctame e aloumíñame".

Estamos a piques de rematar a escola e queremos compartir convosco unha recompilación das actividades máis importantes do proxecto, recollendo as fotos dos nenos e nenas. Animámosvos a ver o power point que veredes máis abaixo. D

Desexamos que vos guste!

Programación de ciclo de educación infantil, curso 2014-15

Se desexades ler a programación de Infantil

pinchade na imaxe superior.

CANTA CONNOSCO!!

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013-2014

Neste enlace poderedes consultar a Programación Didáctica elaborada para o curso 2013-14.

TRABALLO POR PROXECTOS

Na páxina da Xunta, no apartado de publicacións hai un traballo ínteresante en relación co traballo por proxectos tanto en infantil, como en primaria e secundaria. Este é o enlace.

LECTOESCRITURA E TICS

Convén facer unha reflexión acerca do uso das tecnoloxías da información e a comunicación como instrumento importante na lectura e na escritura. Recomendo este artigo de Myriam Nemirovsky, que aporta un enfoque moi interesante

PLAN DE ACOLLIDA

O feito de ir por primeira vez á escola é un gran paso na historia dos nenos e nenas. Implica a saída do medio familiar e a incorporación a un medio descoñecido. Desta separación neno/a-familia e de como se resolvan estas primeiras experiencias, dependerá a visión que cada neno e nena se forme sobre o colexio e influirá na súa actitude cara a escola, incidirá no seu proceso de socialización e nas súas aprendizaxes. De ahí a gran importancia que ten a aplicación do período de adaptación.

Distribuir contido