[Actividade recente]

Título Tipoarranxar por icona Nome Data de envio
Entroido 2021 Album jteira 06/02/2021 - 22:18
Visita ao Museo Luis Iglesias Album jteira 28/01/2022 - 14:40
Día da nena Album jteira 03/12/2021 - 12:35
#Reto Camaleón (2) Album jteira 26/04/2021 - 19:28
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Album jteira 24/11/2021 - 21:23
25N - ESO Album jteira 03/12/2021 - 12:34
Viaxe á praza de abastos Album jteira 29/11/2021 - 23:04
#Reto Camaleón Album jteira 08/04/2021 - 17:55

Seccións bilingües

Que é unha sección bilingüe

Unha sección bilingüe é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística, que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

O proxecto de sección bilingüe inclúese no Proxecto Lingüístico do centro, que recolle todas as accións que se desenvolven no centro con respecto a todas as linguas, tanto ambientais como estranxeiras.

Oferta do centro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a formación do noso alumnado nas linguas estranxeiras europeas dado que a comunicación nunha lingua estranxeira é moi importante na nosa sociedade.

As chamadas seccións bilingües traballan neste sentido para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado galego. Teñen como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en galego/castelán e unha lingua estranxeira.

A organización das mesmas está regulada pola Orde do 10 de xuño de 2005, DOG do 24 de xuño.

O CPI Cernadas de Castro, como vén facendo dende o ano 2005, está a ofertar seccións bilingües. O centro ofrécelle a posibilidade ó alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO de cursar diversas áreas dun xeito bilingüe, é dicir na lingua materna (galego/castelán) combinándoa coa introducción progresiva dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés.

Lexislación do Plan de Seccións Bilingües

Ligazóns de interese

Distribuir contido