[Actividade recente]

Título Tipo Nomearranxar por icona Data de envio
COMPOSICIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO, CURSO 2020-2021 Páxina Anónimo 16/12/2008 - 23:59
PERSOAL NON DOCENTE, CURSO 2023-2024 Páxina Anónimo 17/12/2008 - 00:03
COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR, CURSO 2020-2021 Páxina Anónimo 17/12/2008 - 00:12
LISTA DE PROFESORES DO CURSO 2016-2017 Páxina Anónimo 17/12/2008 - 00:29
Titoría Páxina Anónimo 17/12/2008 - 19:06
Alumnos Páxina Anónimo 17/12/2008 - 19:08
Proxecto de fomento uso do galego 2016-2017 Historias Anónimo 17/12/2008 - 23:29
COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA, CURSO 2016-2017 Páxina Anónimo 18/12/2008 - 16:10

TRANSPORTE
DENTRO DO RECINTO
DENTRO DO EDIFICIO
NOS PERÍODOS DE LECER
VISITAS Ó CENTRO
FALTAS DE ASISTENCIA
AVISOS

TRANSPORTE

Os alumnos transportados virán ó Centro e o abandonarán soamente no autobús escolar ou acompañados polos pais/titores legais.

DENTRO DO RECINTO

Os/as alumnos/as mostrarán corrección e respecto en todo momento. O trato ós/ás profesores/as e compañeiros/as será con respecto e educación. Non se pode agredir, insultar, ameazar nin discriminar.

Os/as alumnos/as non poden usar gorras, gafas de sol, etc. no interior do edificio escolar nin do comedor. Os alumnos/as virán ao centro vestidos con roupas axeitadas á súa idade e á escola.

Está prohibido traer ó centro ‘maquiniñas’ electrónicas, teléfonos móbiles, MP3, MP4, ‘walkmans’, ‘discmans’ ou similares.

Respectarase todo o material do centro. A reparación dos estragos serán a cargo do/a alumno/a  ou grupo que os causase. Esto inclúe os libros de texto dos estudiantes.


DENTRO DO EDIFICIO

Entrarase ó centro con orde e silencio polas entradas establecidas.

Ó entrar nas aulas ocuparán seu pupitre ou o que o/a profesor/a lles indique.

Nos cambios de clase non se estará nas portas das aulas nin nos corredores. O material das taquillas non debe ser retirado nos cambios de clase.

Non se irá ós servizos durante as clases ou no cambio de clases salvo en caso de urxencia. Irase antes da 1ª sesión, antes da 3ª sesión ou antes das clases da tarde.

Cando o grupo estea a cargo do persoal de garda debe facer traballos pendentes, os que o/a profesor/a de garda mande ou estudiar.


NOS PERÍODOS DE LECER

Nos recreos hai que abandonar as aulas e os corredores. Sen a compaña dun profesor/a non se pode permanecer na aula. Só se admite a presenza nos corredores para dirixirse á biblioteca.

As entradas e saídas faranse pola porta que está fronte á sala de profesores.

Empregaranse soamente  os servizos situados detrás do comedor.

Os xogos da zona de infantil son para usar os nenos pequenos.

Se un balón se perde no monte non se pode saír do recinto para ir a buscalo. Hai que informar a un adulto.

Os campos e mesas de xogo empregaranse con acordo ás quendas establecidas polo profesorado.


VISITAS Ó CENTRO

Na medida do posible, os pais/nais/titores que se despracen ó centro en horario lectivo no seu propio vehículo deben aparcalo fóra do recinto escolar debido á escaseza de prazas e tamén debido ó perigo que pode supoñer a circulación de coches nos períodos de lecer.

Para que un alumno/a abandone o centro antes do remate do horario lectivo, seu pai/nai/titor legal debe cubrir un formulario que achegará á Dirección.
 
FALTAS DE ASISTENCIA

O pai/nai/titor legal deberá avisar canto antes se o/a alumno/a non vai asistir a clase. No prazo máis breve posible deberá achegar unha xustificación válida do motivo da falta (nota do médico, por exemplo).

As ausencias sen xustificar serán comunicadas ós pais polo profesor/a titor/a por teléfono, e de non poder ser así, por correo certificado.

A non escolarización dos menores de 16 anos constitúe un incumprimento da lexislación vixente.

Todo o alumnado deberá acudir a clase os días lectivos nos que se realicen saídas de carácter educativo ou lúdico mesmo se non vai tomar parte nelas. Neses días os estudiantes que permanezan no centro deberán realiza-los traballos que lle indiquen seus profesores ou estudiar.


AVISOS

En ocasións o centro envía notas con información xeral por medio dos alumnos.

Os boletíns de cualificacións tamén son entregados ós alumnos ó final de cada trimestre.

Algúns profesores/as poden excepcionalmente mandar notas á casa nos cadernos dos alumnos/as.