[Actividade recente]

Título Tipoarranxar por icona Nome Data de envio
Entroido 2021 Album jteira 06/02/2021 - 22:18
Visita ao Museo Luis Iglesias Album jteira 28/01/2022 - 14:40
Día da nena Album jteira 03/12/2021 - 12:35
#Reto Camaleón (2) Album jteira 26/04/2021 - 19:28
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Album jteira 24/11/2021 - 21:23
25N - ESO Album jteira 03/12/2021 - 12:34
Viaxe á praza de abastos Album jteira 29/11/2021 - 23:04
#Reto Camaleón Album jteira 08/04/2021 - 17:55

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2018.

·        Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo (ambos inclusive).
  •  Os alumnos deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/2017.

b) Ter acadado no curso 2016/2017 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de «Ben» ou 6.

c) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

d) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte, excepto o alumnado menor de 14 anos. 

Os interesados poden consultar a información correspondente á documentación que se debe presentar, os xeitos de presentación das solicitudes e a publicación das listas de admitidos na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasle