O vindeiro mércores 8 de marzo ás 18:00 hs. na Sala de Audicións do centro, con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o "Concerto do día internacional da muller" no que celebraremos esta data tan sinalada cun concerto didáctico e monográfico da música da compositora estadounidense Amy Beach!
Alumnos de diversos curso do Grao Elemental e Grao Profesional interpretarán obras desta compositora para piano, piano a catro mans, clarinete, trompa, violín... Esta música destaca polo seu marcado carácter romántico e a súa sorprendente harmonía.
Ademais, os alumnos de Análise de 6º de Grao Profesional comentarán as obras que se van a interpretar para unha mellor comprensión do público asistente.
Unha oportunidade inmellorable para disfrutar de boa música e descubrir o talento desta xenial compositora!
Este concerto está apoiado e enmarcado dentro da programación do concello de Tui "8M: Ocupemos o noso lugar" que se pode consultar a continuación:
Anexo | Tamaño |
---|---|
Concierto día de la mujer Cmus Tui Final.jpg | 103.92 KB |
Programa 8M:Ocupemos o noso lugar.jpeg | 467.22 KB |