A partir do mércores 19 de outubro e ata o mércores 16 de novembro de 2022 (incluído) ábrese o prazo para solicitar as becas municipais para axudas aos estudos artísticos musicais que se imparten no noso centro educativo correspondentes ao curso 2021/2022. As bases completas con toda a información do proceso e o extracto da publicación no boppo pódense consultar nas dúas ventás inferiores ou descargarse no anexo inferior deste artigo. Tamén pódese descargar no anexo inferior a solicitude para as becas e a declaración responsable.
Lémbrase que o centro atenderá calquera dúbida, consulta ou petición de axuda para cumplimentar e entregar toda a documentación deste proceso durante o seu horario de secretaría:
Luns de 9:00 a 13:00 hs. e de 15:00 a 18:00 hs.
De Martes a Venres en horario de 15:00 a 20:00 hs.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Proposta definitiva bases das becas de ensinanzas musicais.pdf | 410.4 KB |
an.bop_.PONTEVEDRA.pdf | 236.62 KB |
declaracion responsable.pdf | 12.48 KB |
Solicitude becas curso 2021-2022.pdf | 111.29 KB |