Skip to Content

Acto homenaxe polo día internacional da muller en Tui

Acto homenaxe polo día internacional da muller en Tui

Onte, 8 de marzo, tivo lugar dende o edificio dos antigos xulgados (Praza da Inmaculada) de Tui un acto homenaxe polo día internacional da muller moi emotivo coa participación de dúas das nosas mellores alumnas de piano: Dafne Piñeiro González (6º de GP) e Lurdes Quintela Tizón (6º de GP).

Estas dúas alumnas deleitaronos coa súa música durante as lecturas con obras de Beethoven, “In the mirror” da banda sonora da serie “Call the Midwife” e a porta violeta de Rozalén arranxada para piano. Ademáis, elas puxeron un broche de ouro a este acto cunha peza arranxada para piano a catro mans que se titula: “ Je vole” da cantante “Louane Emera”.

Noraboa a todas as participantes!!



blog | by Dr. Radut