Primeiro e Segundo Concerto dos "CICLO"
Con este orixinal e sinxelo título defínense os concertos organizados por varios alumnos do centro, na procura de innovar e coñecer nova música, onde eles mesmos interpretarán as obras propostas para deixar desta vez de lado aos compositores e pezas mais relevantes e deixar espazo a novos nomes, que sendo grandes compositores ou obras, son moitas veces descoñecidos, non so para o gran público senon para os mesmos estudantes da nosa arte.
Os concertos serán o Martes 21 e Xoves 25 de Maio do 2019, ás 20:30h na Sala de Audicións do Conservatorio de Tui.
Sen dúbida, unha ocasión para non perder de coñecer novas músicas da man dos nosos estudantes.