Iniciar sesión: Acceso

ASI DESPEDIMOS O 2020 EN CADRECHE!!!!

02/02/2021 10:35
Europe/Madrid

Para despedir o ano 2020, neste momento tan diferentes fixémolo a través de panxoliñas que anteriormente interpretaron as nenas e nenos da escola , así como un pasapalabra  (actividades que compartimos cos maiores da Residencia da Pobra). Deixamosvos aquí os excelentes traballos realizados:

 

 

E como non podía ser doutro xeito ao son dunhas badaladas moi especiais, celebramos o noso particular FIN DE ANO!!!

COMEZAMOS O CURSO 20-21

Este curso que comezamos non é un curso habitual, e por iso quixemos comezalo tamén dun xeito pouco habitual, por iso NAO fixo a presentación a tod@s @s nen@s da escola.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/09/19/nuevo-profesor-robot/0003_202009B19C2994.htm

Deixamos unha mostra do recollido na noticia no  seguinte video :

CURSO AULA VIRTUAL FAMILIAS

Como ben informamos nas reunións que tivemos, este curso precisamos poñernos ao día no funcionamento da AULA VIRTUAL. 

Sabemos que no curso pasado todas e todos fixemos grandes esforzos por formarnos e traballar , con algúns atrancos e dificultades pero con moito ESFORZO por parte de tod@s.

Agora toca aprender a usalo dunha forma máis eficiente e na que tentamos evitar as desigualdades que poden xurdir do descoñecemento ou da falta de recursos, por iso ORGANIZAMOS DENDE A ESCOLA  esta formación para TODAS AQUELAS FAMILIAS interesadas en aprender contidos relacionados co funcionamento da AULA VIRTUAL ou mesmo como enviar e recibir correos, ou tamén a realización dunha videoconferencia. Todo isto dende a PRÁCTICA.

Para iso farasevos chegar o formulario que deixamos aquí para que vos anotedes. ANIMADEVOS!!!!!!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfP-AEm0SWqnr4XynrDDZlWMjLzHsYxtXLIRy86HIPcdaZwRQ/viewform?usp=sf_link

 

ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID-19 PARA O CEP PILAR MAESTÚ SIERRA

08/09/2020 21:49
Europe/Madrid

O curso está a punto de comezar... e todo está case listo para emprender VOO nun momento cheo de incertidumes e de preocupacións pero con ILUSIÓN E  MOITA RESPONSABILIDADE. Estamos convencidos de que todo sairá ben. 

Presentamos e facemos público o noso Plan de Adaptación á COVID-19, despois de que fora presentado ás familias do centro en tres reunións presenciais exactamente iguais, pero onde estas puideron escoller o horario que mellor lles conviña , garantindo o aforo máximo permitido e coas medidas de seguridade e hixiene que eran necesarias. Temos que dar as GRAZAS  a toda a comunidade educativa polo altísimo nivel de participación que chegou ao 92%, o que permitiu responder a todas as cuestións plantexadas.

Ao longo destes días iremos colgando algunha infografía que permita ter un acercamento máis sinxelo ás medidas nas que tod@s somos partícipes.

O plan foi redactado polo Equipo Covid do centro coa participación de tres membros da directiva da ANPA.

VOEMOS XUNT@S!!!!

Preme na imaxe para poder leelo.

BECAS MEC ALUMNADO CON NEE 2020-2021

O prazo para a solicitude das becas vai dende o 09 de Agosto ata o 30 DE SETEMBRO, así que aínda temos tempo!!!!

Se queres saber se tes dereito, ou a cuantía que che poden asignar,  preme neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 Para poder ver toda a información deixamosche aquí a información, premendo neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

 

En SETEMBRO DENDE A ESCOLA AXUDÁMOSVOS A CUBRILAS E DEMAIS!!!

 

LIBROS DE TEXTO 20-21

07/08/2020 00:31
Europe/Madrid

FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, 5º e 6º), AXUDAS PARA LIBROS (1º e 2º) e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (todos os cursos).

22/05/2020 15:43
Europe/Madrid

FONDO DE LIBROS:

a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto como máximo.

b) Renda per cápita familiar entre 6.000 € e 10.000 €: 4 libros de texto.

AXUDAS LIBROS:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

AXUDA PARA MATERIAL 

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €.

O prazo para presentar as solicitudes vai dende o día 20 de Maio até o día 19 de Xuño de 2020 incluído.

O formulario de solicitude pode recollerse na escola de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 h. ou no portal educativo en http://www.edu.xunta.gal.

Se non pode ser nese horario poñerse en contacto coa Dirección

Pode presentarse tamén na escola ou por via telemática na sede electrónica da xunta en https://sede.xunta.gal

Para mais información       http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS.

06/05/2020 19:08
Europe/Madrid

 

 A presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, comezará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

  Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

 ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 ● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

 HORARIO:    10:00 a 14:00 horas.

 Se non é posible neste horario pórse en contacto coa Dirección.

 

 

 

RECURSOS VARIOS

24/03/2020 00:50
Europe/Madrid

Ningúen é experto en resolución de situacións como estas pero sabemos que temos boas intencións, sobre todo a de axudar a pasar o tempo dunha forma cando menos que sirva para " aprender", por iso preparamos esta páxina que recolle recursos para as familias, para o alumnado de infantil, primaria e tamén para aqueles nenos e nenas que teñen máis dificultades, algúns videos para as familias (que pretende substituir a "escola de familia" ) e tamén uns cortos de valores e de mellora da convivencia que vos permitan reflexionar xuntos.
Dende o Claustro do CEP PILAR MAESTÚ SIERRA , achegamos esta páxina de recursos:

https://sites.google.com/view/orientasilviapobra-do/

 

2º PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS - XUNTA DE GALICIA

02/03/2020 13:51
Europe/Madrid

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, no que obtivemos o 2º PREMIO.

"A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes", tal e como se recolle na páxina www.edu.xunta.gal.

A nosa memoria recollía 11 accións que se levaron a cabo no curso 18-19, grazas a un EQUIPO DOCENTE EXCEPCIONAL (aínda sendo certo que algunhas delas teñen unha traxectoria importante), onde a colaboración foi o eixo que sostivo este proxecto.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2020/02/28/xunta-premia-colegio-pobrense-pilar-maestu-proyecto-sobre-educacion-inclusiva/00031582899320641742305.htm?fbclid=IwAR3_mU-tfLC_UzCkisykXmEaD_3CTdJQEhW_QlKHTgu7NwqhO5Kets8JnZk#

 

 

 

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031