Iniciar sesión: Acceso

Documentos

LISTAXE PROVISIONAL SOLICITUDES ADMISIÓN 23-24

Todas as solicitudes presentadas no centro para o curso 23-24 foron admitidas. 

No taboleiro interior do centro está exposta a listaxe de alumnado admitido.

PLAN DIXITAL 22-23- CEP PLURILINGÜE PILAR MAESTÚ SIERRA

LIBROS DE TEXTO 22-23

20/07/2022 09:28
Europe/Madrid

LISTAS DE ADMITIDOS FONDOLIBROS E VALES 22-23

Acaban de publicarse as listaxes  PROVISIONAIS de admitidos  para os préstamos de libros de texto, que no curso 22-23 so haberá nos cursos de 3º e 4º de Ed Prim., por ter solicitado e concedido para 5º e 6º de E.P. o EDIXGAL ( libros dixitais e ordenadores proporcionados pola Consellería).

Está publicada tamén a lista dos vales de material para todos os cursos e o vale de libros para 1º e 2º de Ed. Primaria.

 

Podedes consultar estas listas:

1.-Na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), no apartado CIDADÁN, co DNI da persoa solicitante.

2.- No centro están expostas na porta da entrada. Para atoparse haberá que mirar as listas do curso d@ seu fill@, e o dni d@ solicitante (aparecen so os catro últimos díxitos e a letra)

 

As posibles reclamacións deberán facerse até o luns. Estaremos todos os días de 10:00 a 14:00 e pola tarde este xoves e o luns de 17:00 a 20:00

CURSO AULA VIRTUAL FAMILIAS

Como ben informamos nas reunións que tivemos, este curso precisamos poñernos ao día no funcionamento da AULA VIRTUAL. 

Sabemos que no curso pasado todas e todos fixemos grandes esforzos por formarnos e traballar , con algúns atrancos e dificultades pero con moito ESFORZO por parte de tod@s.

Agora toca aprender a usalo dunha forma máis eficiente e na que tentamos evitar as desigualdades que poden xurdir do descoñecemento ou da falta de recursos, por iso ORGANIZAMOS DENDE A ESCOLA  esta formación para TODAS AQUELAS FAMILIAS interesadas en aprender contidos relacionados co funcionamento da AULA VIRTUAL ou mesmo como enviar e recibir correos, ou tamén a realización dunha videoconferencia. Todo isto dende a PRÁCTICA.

Para iso farasevos chegar o formulario que deixamos aquí para que vos anotedes. ANIMADEVOS!!!!!!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfP-AEm0SWqnr4XynrDDZlWMjLzHsYxtXLIRy86HIPcdaZwRQ/viewform?usp=sf_link

 

ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID-19 PARA O CEP PILAR MAESTÚ SIERRA

08/09/2020 21:49
Europe/Madrid

O curso está a punto de comezar... e todo está case listo para emprender VOO nun momento cheo de incertidumes e de preocupacións pero con ILUSIÓN E  MOITA RESPONSABILIDADE. Estamos convencidos de que todo sairá ben. 

Presentamos e facemos público o noso Plan de Adaptación á COVID-19, despois de que fora presentado ás familias do centro en tres reunións presenciais exactamente iguais, pero onde estas puideron escoller o horario que mellor lles conviña , garantindo o aforo máximo permitido e coas medidas de seguridade e hixiene que eran necesarias. Temos que dar as GRAZAS  a toda a comunidade educativa polo altísimo nivel de participación que chegou ao 92%, o que permitiu responder a todas as cuestións plantexadas.

Ao longo destes días iremos colgando algunha infografía que permita ter un acercamento máis sinxelo ás medidas nas que tod@s somos partícipes.

O plan foi redactado polo Equipo Covid do centro coa participación de tres membros da directiva da ANPA.

VOEMOS XUNT@S!!!!

Preme na imaxe para poder leelo.

BECAS MEC ALUMNADO CON NEE 2020-2021

O prazo para a solicitude das becas vai dende o 09 de Agosto ata o 30 DE SETEMBRO, así que aínda temos tempo!!!!

Se queres saber se tes dereito, ou a cuantía que che poden asignar,  preme neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 Para poder ver toda a información deixamosche aquí a información, premendo neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

 

En SETEMBRO DENDE A ESCOLA AXUDÁMOSVOS A CUBRILAS E DEMAIS!!!

 

LIBROS DE TEXTO 20-21

07/08/2020 00:31
Europe/Madrid

FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, 5º e 6º), AXUDAS PARA LIBROS (1º e 2º) e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (todos os cursos).

22/05/2020 15:43
Europe/Madrid

FONDO DE LIBROS:

a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto como máximo.

b) Renda per cápita familiar entre 6.000 € e 10.000 €: 4 libros de texto.

AXUDAS LIBROS:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

AXUDA PARA MATERIAL 

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €.

O prazo para presentar as solicitudes vai dende o día 20 de Maio até o día 19 de Xuño de 2020 incluído.

O formulario de solicitude pode recollerse na escola de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 h. ou no portal educativo en http://www.edu.xunta.gal.

Se non pode ser nese horario poñerse en contacto coa Dirección

Pode presentarse tamén na escola ou por via telemática na sede electrónica da xunta en https://sede.xunta.gal

Para mais información       http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065

CONSELLO DO ALUMNADO 19-20

24/11/2019 16:20
Europe/Madrid

O pasado mércores , día 20 de Novembro, con motivo da celebración do 30 aniversario da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, consituiuse na nosa escola o CONSELLO DO ALUMNADO. Esta iniciativa parte da proposta que dende APFRATO, e do libro "Manual de Guerrilla Urbana", de Francesco Tonucci, baseada nunha obra anterior titulada " A cidade dos nenos".

 

O Consello do Alumnado estará formado por un número limitado de  nenas e nenos , neste caso 12 nenas e nenos de 1º a 6º de Primaria, de forma que todas e todos poden dar a súa opinión sobre os temas que se discutan. @s conselleir@s foron elexidos dentro da escola , permitindo que representen a todas as aulas e totalmente ao azar, para evitar así liderazgos predefinidos e que todas e todos teñan as mesmas oportunidades.

As nenas e nenos que neste curso forman parte do Consello do Alumnado, presidido pola Dirección do centro (Vicente Vázquez) son:

 

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031