Iniciar sesión: Acceso

Plan Mellora

CP INNOVA E CP INCLÚE

13/10/2021 21:10
Europe/Madrid

O centro participará no presente curso académico nos CONTRATOS-PROGRAMA da Consellería de ELÉducación.

Nomeadamente participamos na modalidade CP INNOVA, na liña de EDUEXCELENCIA, e por outra banda na modalidade de CP Inclúe, nas liñas: INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T, CONVIVE E IGUALA-T.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_...

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/listaxe_provisional_de_...

 

SEGUNDO ACERCAMENTO Á APRENDIZAXE CON NAO

06/02/2020 19:09
Europe/Madrid

Hoxe tivemos na escola o segundo acercamento á aprendizaxe con NAO. Sen dúbida, a motivación aumenta cando traballamos con recursos como estes. De momento so foi como un xogo, un acercamento paulatino, xa que @s mestr@s aínda temos moito que aprender.

NAO pode ofrecernos xogos de mímica, xogos para practicar o inglés por exemplo, ou tamén podemos ir aprendendo a nomear emocións...., pero o que máis chamou a atención ás nenas e nenos foi que XA APRENDEU A FALAR GALEGO!!!!

SEGUIREMOS APRENDENDO.... GRAZAS NOE, GRAZAS ANPA POR ESTA OPORTUNIDADE!!!

 

.

CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL

28/01/2020 13:32
Europe/Madrid

Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.

Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.

Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:

 

Se pinchas no seguinte enlace  poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSceZKGQhwZANuDNgBLPXFgan5L-Ll2DVVNiM312UAbbgPONXA/viewform?usp=sf_link

 

PRAZAS LIMITADAS!!!!!

 

 

 

 

COÑÉCEMOS A NAO

28/01/2020 11:44
Europe/Madrid

O día 22 de Xaneiro na escola foi un día ben especial. Coñecemos por fin a NAO, un robot que nos fará aprender dunha forma máis agradable pero tamén pdoeremos aprender a programar un robot.... Queda moito por aprender!!!

A Voz de Galicia fixo unha reportaxe no noso cole ese día. Aquí queda o enlace á mesma:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/01/24/nuevo-alumno-c...

 Tamén a COPE se fai eco da noticia:

https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticia...

 

UN PROXECTO DE CENTRO!!!!

00/00/
Array

Por segundo ano consecutivo concedeusenos un Plan de Autoavaliación e Mellora da Calidade Educativa. No curso 2009-2010 titulabase "Educación emocional e Atención á diversidade como estratexias de calidade".

No presente curso 2010-2011, o noso proxecto titulase:

"CAMIÑANDO CARA AS COMPETENCIAS DENDE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE"

Con este proxecto pretendemos traballar na nosa escola os seguintes aspectos de cara á mellora da calidade educativa e que se desenvolven no mesmo:

  • Os procesos cognitivos básicos dende a teoría PASS e a Teoría dos comportamentos enmascaradores
  • O traballo cooperativo como estratexia metodolóxica favorecedora da inclusión educativa
  • Desenvolvemento de programas específicos que contribúan a mellora de aspectos que dificultan o proceso de aprendizaxe do noso alumnado como:

                                                       -PROGRAMA DE COMPRENSIÓN LECTORA

     -PROGRAMA DE TÉCNICAS PARA APRENDER A ESTUDAR BEN

     -PROGRAMA DE RAZOAMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO

     -PROGRAMA DE ED.EMOCIONAL, VALORES E  RESOLUCIÓN  DE   CONFLITOS

     -POTENCIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

 

  • Revisión e adaptación do Proxecto Educativo ás novas liñas metodolóxicas que marcan a filosofía do noso centro.
  • Contribución de todo o anterior ao desenvolvemento das competencias básicas.

"EDUCAR A TOD@S PARA SER FELICES, PORQUE TOD@S SOMOS DIFERENTES, TOD@S SOMOS IGUAIS"

 

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031