Skip to Content

Samaín

SAMAÍN 2017-2018

24/07/2018 09:29
Europe/Madrid

Neste curso tamén celebramos o Samaín, coa exposición de cabazas e o visionado dalgún conto de medo. Ao final da sesión quiemamos os nosos medos.

SAMAÍN 2010

00/00/
Array

O 2 de novembro celebramos o Samaín no colexio. As cabazas previamente decoradas polo alumnado, iluminaban a noite coas súas candeas. Na biblioteca asistimos a unha terrorífica sesión a cargo da profesora Teresa. Trala sesión, degustáronse unhas sobremesas que metían medo. Estas foran feitas polo alumnado do segundo ciclo, seguindo as instrucións das súas mestras.

SAMAÍN 2010

00/00/
Array

Mañá martes 2 de novembro celebraremos o Samaín no colexio. O alumnado trouxo as cabazas e decorounas. Fixemos unha exposición. Mañá ás 19:30 teremos acendido de cabazas e sesión de contacontos. Haberá degustación de comidas e bebidas terroríficas.

O Samaín. Celebrámolo cun druída.

00/00/
Array

O mércores anterior ao día do Samaín, celebrámolo no colexio ás 8 da noite: acendemos cabazas con candeas na escuridade, un druída enfeitizounos e, para rematar, comemos e bebemos cousas terroríficas. Un druída en Cadreche!

Distribuir contido


by Dr. Radut