Iniciar sesión: Acceso

Documentos

NOMEAMENTO TITOR@S T.E.I

O luns día 21 de Novembro de 2022, fixemos de forma oficial o nomeamento d@s titor@s TEI. O alumnado de quinto titoriza ao alumnado de terceiro de Ed. primaria.

Non podemos deixar de agradecer de forma sincera a participación de Xosé Lois como Alcalde da  Pobra do Caramiñal, xerando no alumnado moita admiración e mesmo puidemos cumplir o obxectivo de darlle o valor que ten o programa para a mellora da convivencia no centro.

PREVIR E RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA QUE SE PRODUZAN É O TRABALLO QUE SEGUIREMOS DESENVOLVENDO!!!

VIII SEMANA DA ORIENTACIÓN

VII SEMANA DA ORIENTACIÓN

Por SÉTIMO ano consecutivo, dende o Departamento de Orientación, e en colaboración co resto do profesorado e familias, celebramos a VII Semana da Orientación, con actividades dirixidas aos nenos e nenas da escola, para  contribuir á sensibilización e concienciación de que somos diferentes, en definitiva, de  que todas e todos somos capaces. 

Neste ano o tema central son as Intelixencias Múltiples e as diferentes capacidades que cadaquén pode posuír. Para iso coñeceremos persoas relevantes, así como personaxes de debuxos animados, que tendo algunha dificultade souberon atopar aquilo no que son realmente bos.

Disfrutaremos das aprendizaxes que cada ano nos traen Asociacións do entorno, nesta ocasión contaremos coa colaboración de COGAMI, e como non cunha videoconferencia con ALEX VIDAL, campeón paralímpico de takewondo e que participará nos Xogos paralímpicos de Tokio.

GRAZAS A TODAS E TODOS @S QUE 

O FACEDES POSIBLE!!!

ESCOLA DE FAMILIA 20-21

02/02/2021 14:14
Europe/Madrid
Dende Orientación e en colaboración coa dirección do centro no que están escolarizad@s @s vos@s nen@s, estamos a desenvolver dende hai 12 anos a actividade de  ¿Escola de Familia, a cal  pretende ser un espazo no que as familias( pai, nai, avó, avoa...) e o Departamento de Orientación comparten experiencias e debaten sobre os temas fundamentais que lle preocupan acerca da educación d@s nen@s dende a etapa de Ed. Infantil ate o fin de. Primaria. Trátase dunha actividade conxunta cos 5 centros que forman parte deste Departamento de Orientación.
Neste curso tardamos en comezar para ver se se podía realizar como sempre pero en vista que non é posible imos a ofrecela de xeito non presencial. Se pinchas neste enlace poderás saber máis sobre o que é e que se fai:
 
https://orientamaestuvarela.webnode.es/escola-de-familia/
 
Para facer a inscrición pincha no seguinte enlace e cúbreo:
 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeLD9AJplwZEaDTleXR-H9R77Sq5cgtXQXQegZXfqoH1Ax9eQ/viewform?usp=sf_link
 
 
 

BECAS MEC ALUMNADO CON NEE 2020-2021

O prazo para a solicitude das becas vai dende o 09 de Agosto ata o 30 DE SETEMBRO, así que aínda temos tempo!!!!

Se queres saber se tes dereito, ou a cuantía que che poden asignar,  preme neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 Para poder ver toda a información deixamosche aquí a información, premendo neste enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

 

En SETEMBRO DENDE A ESCOLA AXUDÁMOSVOS A CUBRILAS E DEMAIS!!!

 

ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!

08/11/2019 11:03
Europe/Madrid

O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.

Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.

NON VOLO PERDADES!!!!

RESUMO VI SEMANA DA ORIENTACIÓN

28/05/2019 21:55
Europe/Madrid

Acabamos de rematar a VI Semana da Orientación na escola que tivo como finalidade traballar a IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, e interrelacionado co traballo das INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.

Podedes ver un resumo do que foi pinchando no seguinte enlace:

 

CON XEITO, DIVERSIDADE NO ARTE!! - COLABORACIÓN CON ÁMBAR

12/03/2019 10:32
Europe/Madrid

O xoves. 07 de Marzo, recibimos a varios membros da Asociación ÁMbar cos que realizamos un TOTEM e unha escultura. Esta actividade que levaba por título "CON XEITO, DIVERSIDADE NO ARTE", foi desenvolvida en PORTO DO SON, con motivo da conmemoración do Dïa da DIVERSIDADE. Nela participamos todos os nenos e nenas da escola así como o profesorado, en colaboración cos artistas da Asociación, persoas con diversidade funcional. Visitamos a exposición coas súas obras e despois realizamos a actividade.

 

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

04/03/2019 12:11
Europe/Madrid

PLAN DE CONVIVENCIA

04/03/2019 12:09
Europe/Madrid

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031