Iniciar sesión: Acceso

DÍA DE ROSALÍA

04/03/2022 21:28
Europe/Madrid

Tamén conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA. Hoxe o Concello fixo o sorteo para a  entrega dos agasallos aos nenos e nenas que participaron na actividade que propuxeron e que vos deixamos as imaxes do mesmo.

A celebración deste día culminará coa visita á casa de Rosalía en PAdrón , o vindeiro martes día 08 de marzo de 2022, da que agardamos desfrutar e aprender un montón.

 

ENTROIDO 2022

02/03/2022 00:07
Europe/Madrid

Asi celebramos este Entroido 2022 @s cadrechiñ@s. A verdade é que o pasamos ben e botamos de menos celébralo coas nosas familias. Deixámosvos ao final un vídeo como mostra do que nos divertimos!!!

 

Video:

 

X CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

14/02/2022 10:05
Europe/Madrid

Un ano máis e xa van 10 dende que escomezamos a desenvolver na escola o CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO".

Este ano quixemos abrir este certame á participación das familias. Así que agardamos contar con vós.

Para consultar as bases do mesmo, pincha AQUÍ.

ASÍ DESPEDIMOS O 2021 E RECIBIMOS O 2022!!!

Así despedimos o 2021 na escola, con algunhas ausencias por diferentes motivos, pero realizando actividades dentro do que a situación permitiu. 

Uns obradoiros: elaboración dun adorno para a árbore de nadal, bailamos e tamén un xogo de retos.

Despois ás doce saímos ao patio e comemos as uvas coas correspondentes campanadas e disfrutamos do baile dos de 1º curso. Tocaba xa comer o chocolate con churros para seguir disfrutando da festa. Faltaba o mellor, Papá Noel grazas a sempre excepcipnal colaboración da ANPA agasallou a cada nen@ cunha bolsa chea de cousas entre elas un libro.

Pasámolo moi ben e despedimos o 2021 co desexo de que o 2022 sexa un ano cheo de ILUSIÓN , ESFORZO, SOLIDARIEDADE E TRABALLO CONXUNTO!!!

Se pinchades na imaxe podedes ver un resumo da festa d@s CADRECHIÑ@S!!!

CHARLA NOELIA VILLAVERDE

15/12/2021 11:01
Europe/Madrid

CHARLA JOAN VAELLO ORTS

25 de Novembro-2021- VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro deste 2021, día contra a violencia de xénero, realizamos unha actividade con ANXO FARIÑA, titulada A CIDADE VIOLETA.

Podedes ver unha mostra do que fixemos no vídeo que se amosa:

SAMAIN 2021

02/11/2021 23:55
Europe/Madrid

Un ano máis celebramos o Samaín. Así comezaba  o día.....

AS nosas cabazas estaban moi bonitas, coa temática da Biblio deste ano: OS XOGOS DE MESA

Fixemos moitos xogos e entre eles un photocall animado do que vos deixamos mostras gráficas do ben que o pasamos.

 

 

CP INNOVA E CP INCLÚE

13/10/2021 21:10
Europe/Madrid

O centro participará no presente curso académico nos CONTRATOS-PROGRAMA da Consellería de ELÉducación.

Nomeadamente participamos na modalidade CP INNOVA, na liña de EDUEXCELENCIA, e por outra banda na modalidade de CP Inclúe, nas liñas: INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T, CONVIVE E IGUALA-T.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_...

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/listaxe_provisional_de_...

 

GRADUACIÓN PROMOCIÓNS 2014-2020 E 2015-2021

Neste final de curso puidemos celebrar a graduación dos nenos e nenas de 6º, deixámosvos o correspondente a graduación da promoción 2015-2021. Tamén a graducación da promoción 2014-2020.

Aquí deixámosvos os vídeos que lles preparamos e máis o enlace a unha carpeta con fotos dese día!!!! 

 

 

AS FOTOS PODES VELAS PINCHANDO AQUÍ 

 

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031