Iniciar sesión: Acceso

ERES O QUE SINTES- ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN PROFESORADO)

24/11/2019 16:44
Europe/Madrid

O xoves día 21 de Novembro, tivemos a grande sorte de ter na escola a Roberto Aguado Romo, (http://robertoaguado.com) que ven de publicar o seu último libro "ERES LO QUE SIENTES". Pola mañá estivemos traballando con nenos e nenas da escola coa finalidade de poder axudarlles. Destas sesións de intervención, saimos profesorado e alumnado con "trucos" e estratexias para a mellora de nenas e nenos. 

Pola tarde asistimos a unha sesión de formación de dúas horas e media de duración onde traballamos sobre o perfil do docente do Século XXI, baseado no traballo das emocións, aprendendo a recoñecer estas e buscando as alternativas para poder chegar a unha resposta ao alumnado que lle permita desenvolverse de forma eficaz.

Todo isto so foi posible grazas á colaboración de ANPA CADRECHE, a través dunha subvención coa Deputación de Coruña.

 

CONSELLO DO ALUMNADO 19-20

24/11/2019 16:20
Europe/Madrid

O pasado mércores , día 20 de Novembro, con motivo da celebración do 30 aniversario da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, consituiuse na nosa escola o CONSELLO DO ALUMNADO. Esta iniciativa parte da proposta que dende APFRATO, e do libro "Manual de Guerrilla Urbana", de Francesco Tonucci, baseada nunha obra anterior titulada " A cidade dos nenos".

 

O Consello do Alumnado estará formado por un número limitado de  nenas e nenos , neste caso 12 nenas e nenos de 1º a 6º de Primaria, de forma que todas e todos poden dar a súa opinión sobre os temas que se discutan. @s conselleir@s foron elexidos dentro da escola , permitindo que representen a todas as aulas e totalmente ao azar, para evitar así liderazgos predefinidos e que todas e todos teñan as mesmas oportunidades.

As nenas e nenos que neste curso forman parte do Consello do Alumnado, presidido pola Dirección do centro (Vicente Vázquez) son:

 

ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!

08/11/2019 11:03
Europe/Madrid

O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.

Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.

NON VOLO PERDADES!!!!

LIBROS DE TEXTO 19-20

25/08/2019 18:31
Europe/Madrid

1º e 2º CURSOS:

 

Matemáticas. “Aprender es crecer”. Edit. Anaya

Lingua Galega. “Aprender é crecer”. Edit. Anaya

Inglés. “All about us”. Edit. Oxford (so class book)

Música. “Xograr século XXI” (sen casete). Edit. Galinova

Relixión. “Aprender é crecer” (galego). Edit. Anaya

Valores. “Valores Sociais e Cívicos” (galego). Edit. SM. Proxecto Celme

 

3º e 4º CURSOS:

 

Lengua Castellana. “Saber hacer”. Edit. Santillana

Língua Galega. “Saber facer”. Edit. Santillana

Matemáticas. “Aprender es crecer”. Edit. Anaya 

Natureza. “Aprender é crecer” Edit. Anaya

Sociais. “Aprender é crecer” Edit. Anaya

Inglés. “All about us”. Edit. Oxford (so activity book)

Música. “Xograr século XXI” (sen casete). Edit. Galinova

 

5º e 6º CURSOS:        

 

Lengua Castellana. “Saber hacer”. Edit. Santillana

Língua Galega. “Saber facer”. Edit. Santillana

Matemáticas. “Aprender es crecer”. Edit. Anaya

Natureza. “Aprender é crecer”. Edit. Anaya

Ciencias Sociais. “Aprender é crecer”. Edit. Anaya

Inglés.  “All about us 5”. Edit. Oxford (so activity book) (5º curso)

      “Big Surprise!6. Edit. Oxford (so activity book) (6º curso)

Música. Xograr século XXI (sen casete). Edit. Galinova        

 

FONDOLIBROS- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA CURSO 2019-2020

25/08/2019 18:28
Europe/Madrid

  •   RECOLLIDA DE LIBROS E VALES.-  Poderán recollerse dende o 26 de Agosto ao 30 do mesmo mes, en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:00 h.
  •   Nas listas de material aparecen as 3 últimas cifras e a letra do documento de identidade da persoa solicitante (nai ou pai d@ alumn@) por razón da lexislación de protección de datos
  •   Todo o alumnado debe mercar os libros de Inglés e  Música porque non son reutilizables e non poden integrarse no Fondo de Libros.

 

 

 

O Director,

 

Asdo.: Vicente Vázquez Arias

 

CALENDARIO 19-20

25/08/2019 18:16
Europe/Madrid

CALENDARIO PARA O CURSO ESCOLAR 2019-2020

Se queres saber máis pincha AQUÍ

RESUMO VI SEMANA DA ORIENTACIÓN

28/05/2019 21:55
Europe/Madrid

Acabamos de rematar a VI Semana da Orientación na escola que tivo como finalidade traballar a IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, e interrelacionado co traballo das INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.

Podedes ver un resumo do que foi pinchando no seguinte enlace:

 

VIII CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

17/03/2019 22:39
Europe/Madrid

 SE PINCHAS NA IMAXE PODES ACCEDER ÁS BASES DO VIII CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

CON XEITO, DIVERSIDADE NO ARTE!! - COLABORACIÓN CON ÁMBAR

12/03/2019 10:32
Europe/Madrid

O xoves. 07 de Marzo, recibimos a varios membros da Asociación ÁMbar cos que realizamos un TOTEM e unha escultura. Esta actividade que levaba por título "CON XEITO, DIVERSIDADE NO ARTE", foi desenvolvida en PORTO DO SON, con motivo da conmemoración do Dïa da DIVERSIDADE. Nela participamos todos os nenos e nenas da escola así como o profesorado, en colaboración cos artistas da Asociación, persoas con diversidade funcional. Visitamos a exposición coas súas obras e despois realizamos a actividade.

 

INICIASE PROCESO DE ADMISIÓN 19-20

03/03/2019 23:35
Europe/Madrid

FAMILIAS, como dicía o PRINCIPIÑO, "SO SE PODE VER BEN CO CORAZÓN, O ESENCIAL É INVISIBLE AOS OLLOS", por iso vos animamos a que coñezades o cole, a que pasedes a preguntar todo aquilo que vos inquieta ou vos preocupa.

 

No noso cole temos servizo de COMEDOR, MADRUGADORES E TRANSPORTE.

Levamos dez anos desenvolvendo ESCOLA DE FAMILIA, un espazo de traballo conxunto coas familias.

Contamos con PROA dende hai 6 anos, un PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO, que se pon á disposición do alumnado con máis dificultades fora do horario lectivo, impartido por docentes do propio centro tratándose dun programa ofrecido pola Consellería.

Neste curso incorporamos unha liña de traballo relacionada coa IGUALDADE REAL E EFECTIVA ENTRE HOMES E MULLERES, favorecedera da convivencia

Estamos a poñer en marcha o PROGRAMA DE PATIOS E PARQUES DINÁMICOS, un programa para fomentar a INCLUSIÓN do alumnado con máis dificultades no tempo de lecer.

Contamos con SECCIÓNS BILINGÜES dende hai anos, onde se imparte a área de Plástica en Inglés en todos os cursos de Ed. primaria.

Desenvolvemos o TEI (PROGRAMA DE TITORÍA ENTRE IGUAIS), un programa que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar , tendo como obxectivo fundamental traballar cara a TOLERANCIA CERO Á VIOLENCIA.

Temos XORNADA ÚNICA e múltiples ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES .

AS FAMILIAS, son un pilar importante no noso centro, un centro SEMPRE ABERTO ÁS FAMILIAS, onde a participación é un dos eixos fundamentais que sustentan as nosas relacións.

FACEMOS MOITAS COUSAS PERO SABEMOS QUE HAI MOITAS MÁIS QUE PODEMOS FACER E ALGUNHAS OUTRAS QUE DEBEN MELLORARSE.

SE PENSAS QUE ESTE É O COLE QUE QUERES PARA O TEU NENO OU NENA, preme aquí e poderás descargar o impreso para a solicitude de matrícula.

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30