RESUMO V SEMANA DA ORIENTACIÓN
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 12:22Un ano máis, e xa van cinco, celebramos a Semana da Orientación, e na que un ano máis tamén desenvolvemos actividades diferentes para sensibilizar e concienciar de que aínda sendo diferentes temos algo de especial cada un de nós, dende o respecto e a atención individual.
Grazas un ano máis a toda a comunidade educativa por participar, e un grazas especial a cada un dos mestres e mestras, así como pais e nais, que colaboraron activamente no desenvolvemento dos obradoiros.
Deixamos aquí un vídeo-resumo das actividades que realizamos.
V SEMANA DA ORIENTACIÓN
Enviado por admin o Lun, 07/05/2018 - 00:31VII CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"
Enviado por admin o Ven, 20/04/2018 - 12:57Un ano máis, e este sería o sétimo, convocamos o CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO". Aproveitaremos o acto de celebración deste certame, para facer unha homenaxe especial ao mestre Carlos Mosteiro.
Podedes consultar as BASES pulsando AQUÍ
BENVIDAS E BENVIDOS!
Enviado por webmaster o Mar, 15/04/2008 - 13:59NO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA (2017)
Enviado por admin o Lun, 20/11/2017 - 22:56Hoxe é o día dos DEREITOS DA INFANCIA, 20 de Novembro. Un día no que dende a escola loitamos por facer posible o respecto polos dereitos dos nosos nenos e nenas, dereitos recollidos na Convención Internacional dos Dereitos do Neno.
Nada mellor que para conmemorar este día que contarvos que, no pasado mes de Xullo, en Granada , o noso centro foi nomeado centro amigo de APFRATO (ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA FRANCESCO TONUCCI) , e que recibimos a placa que vedes abaixo da man de Francesco Tonucci, o que nos segirá animando a loitar polos dereitos dos nenos e das nenas!!!!!
Grazas a cada un dos nenos e nenas que fan posible que loitemos día a día polos seus dereitos!!!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10