Iniciar sesión: Acceso

DÍA DA PAZ 2023

02/02/2023 22:01
Europe/Madrid

Para conmemorar o día da PAZ ,escribimos os nosos compromisos de PAZ:

EN 1º comprometémonos a tratar as persoas con cariño

EN 2º A  estar en calma para solucionar problemas sen dicir ou facer cousas que molesten e lastimen aos demais. Isto nos axudará a convivir mellor.

En 3º a promover o bo trato e a igualdade.

EN 4º a xogar con tod@s sen excluír pola apariencia física ou a forma de ser.

En 5º a ser optimistas. Non falar mal dos compañeir@s. Controlar os nsoos enfados. Non discriminar nin excluir a ninguén.

En 6º a respectar as decisións dos demais.

E como NINGUÉN É MAIS FORTE QUE TODOS XUNT@S, por iso rematamos cunha foto todos xuntos cantando APERTAS QUE VOAN!!

 

 

ALUMNADO 6º ED. PRIMARIA: RESERVA DE PRAZA/ SOLICITUDE ADMISIÓN 23-24

 

Tal e como sinala a Orde do 21 de Outubro de 2022, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, publicada pola Consellería de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, tedes varias OPCIÓNS para a escolarización d@s vos@s fill@s na ESO.

 

OPCIÓN 1: SE AS FAMILIAS DECIDIDES QUE @S VOS@S FILL@S ESTUDEN NO IES DA POBRA DO CARAMIÑAL

 

PRAZO

Ata o 06 de FEBREIRO

PROCEDEMENTO

OP.1.- En formato papel en Cadreche, o modelo que se adxunta a esta comunicación.  (MOD. ED550A)

OP.2.-VÍa electrónica mediante o formulario normalizado disponible na  aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , https://sede.edu.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes  precísense medios adecuados de identificación e sinatura electrónicos.

 

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES

Esta solicitude ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro.

A maiores trátase dun procedemento vinculante. No caso de querer posteriormente renunciar á reserva e participar no procedemento ordinario de admisión,deberase renunciar a esta reserva ata o 28 de Febreiro (inclusive)

 

OPCIÓN 2: SE AS FAMILIAS DECIDIDES QUE @S VOS@S FILL@S ESTUDEN EN CALQUERA OUTRO IES DIFERENTE AO DE ADSCRICIÓN

 

PRAZO

Do 01 ao 20 de MARZO

PROCEDEMENTO

OP.1.- En formato papel no IES para o que se solicita praza, (MOD. ED550B)

OP.2.-VÍa electrónica mediante o formulario normalizado disponible na  aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , https://sede.edu.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes  precísense medios adecuados de identificación e sinatura electrónicos.

 

ASI FOI O NADAL EN CADRECHE 2022!!!

O Nadal en Cadreche foi moi especial, pasámolo moi moi ben e desfrutamos abondo. 

Deixámosvos por aquí para que poidades ver un resumo do que foi o noso día:

SUBÍMONOS AO TRINEO QUE TEMOS NA ESCOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DE MARCOS , O NOSO CONSERXE QUE TRABALLOU ARREO PARA QUE O POIDESEMOS DESFRUTAR, E POR ISO QUIXEMOS FACERNOS UNHA BONITA FOTO. Mira a ver se te atopas:

PAPÁ NOEL VISITOUNOS GRAZAS A ANPA CADRECHE , E COMO NON DESTA VEZ , TOCABA QUE FORA UN PAPÁ NOEL MOI ESPECIAL PARA CADRECHIÑAS E CADRECHIÑOS. AQUÍ QUEDA UN FERMOSO RECORDO.

PERO..... O FESTIVAL ESTIVO ESPECTACULAR, GRAZAS A NOSA PROFE DE MÚSICA "ELSA" QUE PUXO TODO O SEU EMPEÑO NA ORGANIZACIÓN, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, PARTICIPAMOS TODAS E TODOS....... 

Este vídeo ten un valor especial porque está grabado por nenas de sexto grazas aos materiais que adquirimos en POLOS CREATIVOS!!

DÍA DA DIVERSIDADE- FESTIRITITITI EN BOIRO CON AMICOS!!!

Este ano celebramos o DÍA DA DIVERSIDADE, en colaboración con AMICOS participando nunha xornada moi especial na que a través de diferentes xogos e musica , desfeutamos dunha xornada de convivencia moi especial con outros centros e con PERSOAS E USUARIOS DE AMICOS!!! UN VERDADEIRO PLACER!!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> FESTIVAL DA INCLUSIÓN EN BOIRO

MAGOSTO 2022

Asi de ben o pasamos no magosto deste ano @s cadrechiñ@s!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> MAGOSTO

NOMEAMENTO TITOR@S T.E.I

O luns día 21 de Novembro de 2022, fixemos de forma oficial o nomeamento d@s titor@s TEI. O alumnado de quinto titoriza ao alumnado de terceiro de Ed. primaria.

Non podemos deixar de agradecer de forma sincera a participación de Xosé Lois como Alcalde da  Pobra do Caramiñal, xerando no alumnado moita admiración e mesmo puidemos cumplir o obxectivo de darlle o valor que ten o programa para a mellora da convivencia no centro.

PREVIR E RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA QUE SE PRODUZAN É O TRABALLO QUE SEGUIREMOS DESENVOLVENDO!!!

TRABALLANDO POLA IGUALDADE!!!!

Desixámosvos un resumo das sesións con alumnado e familias , nas que traballamos pola igualdade, grazas a ANPA CADRECHE e IMAXINA IGUALDADE. Se pinchas na imaxe poderás ver o vídeo resumo.

SAMAIN 2022

CADRECHIÑ@S CELEBRANDO O SAMAIN!!!

Deoxámosvos un resumo do que foi a nosa festa de Samáin neste 2022, cun vídeo representativo (pincha na imaxe se queres velo):

Tamén desfrutamos de comidas terroríficas:

https://fb.watch/guxHXpBISC/

E esta foi a nosa exposición de cabazas, que un ano máis voltou a ser XENIAL. GRAZAS FAMILIAS POR TANTA AXUDA E TANTO TRABALLO.  Se pinchas na imaxe podes ver a exposición.

 

PLAN DIXITAL 22-23- CEP PLURILINGÜE PILAR MAESTÚ SIERRA

BENVID@S AO CURSO 22-23!!

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930