Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

ESPAZO LECTURA INFORMA ÁS FAMILIAS

Prezadas familias:

Nestes últimos meses a COVID-19 obrigounos a reorganizar a tempada, trasladando a un formato virtual todas as actividades que nos foi posible: contacontos infantís a través de vídeos, clubs de lectura por videoconferencia... Ademais, a través da web e as redes sociais coñecemos as propostas de lecturas dos LeTubers, celebramos o XIII Dar de Ler e compartimos as iniciativas ofrecidas por outras entidades (lecturas, teatro, cine...) para axudar a levar o confinamento. 

Imos manter a nosa actividade de maneira virtual o que queda de tempada. Podedes consultar as datas dos clubs de lectura na axenda da páxina web. Tamén publicaremos novas sesións de contacontos para os máis pequenos da casa, de xeito que poidan seguir desfrutando das lecturas e mantendo un vínculo virtual coas actividades.

Desde Espazo Lectura queremos ademais facer un chamamento de apoio ás librarías e ao mundo editorial, referentes culturais imprescindibles na nosa sociedade. Animámosvos a visitar as vosas librarías preferidas para adquirir as vosas próximas lecturas.

Por último, queremos agradecer o voso apoio e agardamos poder vernos pronto para gozar, na vosa compañía, dos libros e das lecturas.

Saúdos. 

O equipo de Espazo Lectura

Espazo Lectura
espazolectura@gmail.com
http://www.espazolectura.gal
http://twitter.com/espazolectura
http://www.facebook.com/pages/Espazo-Lectura/169424278309


 



page | by Dr. Radut