Skip to Content

Novas

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 6º de Educación Primaria a unha reunión coa titora que terá lugar o mércores 30 de setembro ás 16:00 horas na aula de 6º de Primaria, situada na 1ª planta do edificio.

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans e os zapatos na entrada do colexio co xel hidroalcohólico e na alfombra desinfectante, respectivamente.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

SERVIZO DE MADRUGADORES

Estimadas familias:

O vindeiro Xoves día 1 de outubro de 2020 comeza a funcionar o Plan Madruga, polo que, aqueles/as que estedes interesados/as, xa podedes deixar aos vosos fillos/as no colexio a partir das 08:30 horas.

Un saúdo

O director

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria a unha reunión coa titora que terá lugar o luns 28 de setembro ás 16:00 horas na aula de 1º-2º-3º, situada na 1ª planta do edificio.

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans e os zapatos na entrada do colexio co xel hidroalcohólico e na alfombra desinfectante, respectivamente.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria a unha reunión coa titora que terá lugar o mércores 16 de setembro ás 16:00 horas no patio cuberto do colexio.

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans co xel hidroalcohólico. 
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

REUNIÓN FAMILIAS DE ALUMNADO DE 5º-6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias do alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil (4 - 5 anos) a unha reunión coa titora que terá lugar o martes 15 de setembro ás 16:00 horas no patio cuberto do colexio.

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans e os zapatos na entrada do colexio co xel hidroalcohólico e na alfombra desinfectante, respectivamente.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

HORARIO LECTIVO MES DE SETEMBRO

Comunicamos que durante o mes de setembro o horario lectivo do centro será de xornada única. Queda organizado do seguinte xeito:

 

09:30 - 14: 30: clases.

14:30 - 16:00: comedor escolar.

 

O alumnado que NON se quede ao comedor durante o presente mes de setembro, sairá a partir das 14:15 segundo o grupo estable de convivencia no que se atope.  Os responsables deberán agardar no exterior do recinto á altura da primeira cancela do peche (ao lado do patio cuberto) onde un mestre/a lle entregará ao seu fillo/a. Os horarios de saída serán:

 

4º Educación Infantil (3 anos) 14:15 horas

5º-6º Educación Infantil (4-5-anos): 14:20 horas

1º-2º-3º Educación Primaria: 14:25 horas

4º-5º Educación Primaria: 14:30 horas

6º Educación Primaria: 14:35 horas

 

O alumnado que SÍ se quede ao comedor durante o mes de setembro sairá despois de comer, no entorno das 16:00 horas, dependendo do grupo estable de convivencia no que se atope, tal e como establece o Plan de adaptación á situación COVID-19 do noso centro:

 

4º Educación Infantil: 15:45 horas

 

5º-6º Educación Infantil: 15:50 horas

 

1º-2º-3º Educación Primaria: 15:55 horas

 

4º- 5º Educación Primaria: 16:00 horas

 

6º Educación Primaria: 16:05 horas

 

Os autobuses de transporte escolar sairán do colexio ás 16:05 en dirección ás diferentes paradas.

 

**Aquelas familias que non vaian a facer uso do comedor escolar durante o mes de setembro deberán comunicalo ao centro na maior brevidade posible, chamando ao teléfono 982870089.

REUNION FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) a unha reunión coa titora que terá lugar o xoves día 10 de setembro ás 10:00 horas no patio cuberto do colexio.

O xoves día 10 non acudirán ao colexio os nenos/as de 3 anos. Na reunión, a titora presentará, ademáis de outros aspectos organizativos, o plan de adaptación e o horario que terán ditos alumnos/as durante os seguintes 15 días lectivos.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans e os zapatos na entrada do colexio co xel hidroalcohólico e na alfombra desinfectante, respectivamente.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

CAMBIO DO HORARIO LECTIVO DO CENTRO

 
Oficializamos o cambio de horario lectivo do noso centro educativo.
O horario queda establecido da seguinte maneira:
  • 09:30-13:30: clases da mañá.
  • 13:30-15:00: comedor.
  • 15:00-16:00: clase da tarde.
Seguimos traballando, crecendo e mellorando!

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Fanse públicos para o coñecemento e consulta por parte da comunidade educativa os 3 documentos clave que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías ante a pandemia provocada polo virus COVID-19. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

2. PLAN DE CONTINXENCIA

3. PLAN DE ACOLLIDA EMOCIONAL

Son 3 documentos abertos e flexibles, que poderán sufrir modificacións en función da evolución da pandemia e das indicacións das autoridades educativas e sanitarias galegas e estatais.

Os 3 documentos, de suma importancia, son de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

ADMISIÓN DE COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020-2021.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de dirección do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2020 (incluido).

Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR

Distribuir contido


by Dr. Radut