Skip to Content

Comunicacións do centro

COMO PODEMOS ACCEDER Á AULA VIRTUAL DO COLE?

O equipo TIC do noso cole elaborou este pequeno titorial de acceso á nosa aula virtual. Agardamos que sexa o máis proveitoso para todos e todas!

 

ENSINO VIRTUAL NOS CASOS DE CONFINAMENTO PARCIAL OU TOTAL

Pubícanse unha serie de consideracións a ter en conta para levar a cabo o ensino virtual nos casos de confinamento parcial ou total no CEIP Virxe do Corpiño.

Pódese consultar/descargar o documento facendo click --> AQUÍ

CONVOCATORIA DAS FAMILIAS ÁS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Estimadas Familias:

Estamos ultimando a organización, posta a punto e adaptación do noso centro á difícil realidade coa que nos toca convivir nos próximos meses, de maneira que o regreso ás aulas por parte dos nosos nenos/as sexa o máis seguro posible.

O vindeiro luns, día 7 de setembro faremos públicos na nosa páxina web unha serie de documentos clave nos que levamos traballando moito tempo e que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

2. PLAN DE CONTINXENCIA

3. PLAN DE ACOLLIDA EMOCIONAL

Son 3 documentos de suma importancia e de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

Para poder explicar as súas claves e resolver calquera tipo de dúbida ou inquedanza, quedades convocados a unha reunión cos docentes que forman parte do equipo Covid-19 do colexio. As reunións terán lugar de maneira escalonada por niveis, evitando calquera tipo de aglomeración. Celebraranse no patio cuberto do noso centro, no seguinte horario:

MARTES 8 DE SETEMBRO

10:00 horas: familias de Educación Infantil

12:00 horas: familias de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

10:00 horas: familias de 4º E 5º de Educación Primaria

12:00 horas: familias de 6º de Educación Primaria

NORMAS XERAIS

  • Á reunión só pode acceder UNHA soa persoa por familia.
  • Acceder ao recinto escolar con máscara protectora e non retirala en ningún momento.
  • Desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao chegar.
  • Manter unha distancia interpersoal de 1,5 m como mínimo.
Distribuir contido


by Dr. Radut