Skip to Content

Benvida

Benvidos á web do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño!

 

ADMISIÓN ALUMNADO: CURSO 2024/2025

Horario de Atención ao Público

Luns a venres: 09:30 – 14:30

 

  ADMISIÓN ALUMNADO | Curso 2024/2025

 

CALENDARIO

 Do 1 de marzo

ao 20 de marzo

Presentación de Solicitudes de Admisión

Modelo ED550B

ANEXO II BIS 

25 de abril

 

Publicación da Lista Provisional

Do 25 de abril

ao 2 de maio

 

Presentación de reclamacións á Lista Provisional

15 de maio

 

Publicación da Lista Definitiva

Do 20 de xuño

ao 30 de xuño

 

Formalización da Matrícula

 

MÉTODOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Papel

 

·     Impreso ED550B

·     Anexo II (Comprobación de datos)

·     Libro de Familia ou DNI do neno/a

Aplicación

Admisión Alumnado

 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Sede Electrónica

Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queredes coñecer a nosa escola?
Abrimos as portas de par en par para que poidades vir a coñecer o noso proxecto educativo!
- Data: Martes 27 de febreiro de 2024
- Hora: 16:15 horas.
 
AGARDÁMOSVOS!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS

RESERVA DE PRAZA 1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2022&numpub=1&lang=es con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de dirección do colexio en horario de 09:30 a 11:30 horas(Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

Engadir copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click --> AQUÍ

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

Os días de libre elección escollidos polo centro como non lectivos para o presente curso 2023/2024 son:

- Venres 17 de novembro de 2023.

- Xoves 16 de maio de 2024.

 

Podedes descargar o calendario escolar en PDF facendo click --> AQUÍ

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

-HORARIO DE DIRECCIÓN: De luns a venres de 09:30 a 10:30 horas.

-HORARIO DE SECRETARÍA: luns, martes e xoves de 12:45 a 13:40 horas.

-HORARIO DE TITORÍAS DOS MESTRES/AS (con cita previa): martes de 16:00 a 17:00 horas.

Axudas do Concello de Begonte para material escolar e libros de ESO

O Concello de Begonte publica o proceso para obtar ás Axudas para material escolar e libros de ESO, para o curso 2023/2024.

Prazo de presentación: 19/09/2023 - 18/10/2023

Procedemento: Axudas para material escolar e libros ESO curso 2023/2024.

Pódese solicitar a axuda na sede electrónica do Concello de Begonte,  ticando en Tramitación electrónica (ou procesamento electrónico) en Axudas para material escolar, para firmar anexo I electronicamente tica.

*Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electrónicamente con certificado dixital de persoa física, ou dni electrónico, ou clave concertada.

Pode consultarse toda a información no seguinte enlace da web do concello.

CONVOCATORIA REUNIÓN EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase á totalidade das familias do alumnado de Educación Primaria a unha reunión cos titores/as, que terá lugar o martes día 26 de setembro ás 16:00 horas.

A reunión dividirase en dúas partes:

-Primeiramente, haberá unha reunión colectiva coa totalidade das familias no comedor do centro, onde asistiremos a unha pequena charla formativa da man do psicólogo e formador da Garda Civil, Héctor Méndez.

-A continuación, terá lugar a reunión de cada titor/a coas familias do seu curso na aula correspondente.

No caso de que unha familia teña varios fillos/as en cursos distintos con distinto titor/a, os responsables dos nenos/as dividiranse nos distintos grupos. No caso de non ser posible, o titor/a brindará unha titoría individual posterior á reunión colectiva de ser necesario.

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As familias de 3º e 4º de Primaria beneficiarias do fondo solidario de libros de texto, poden pasar a recoller os libros o vindeiro venres 8 de setembro de 2023, en horario de 12:00 a 13:00 horas.

Moitas grazas.

COMEZO DE CURSO 2023/2024

- A actividade lectiva dará comezo o vindeiro luns 11 de setembro de 2023. 

- O horario de clases abrangue de 09:30 a 14:30 horas.

- As portas do centro abriranse ás 09:25 horas.

- O alumnado non usuario de comedor escolar e transporte sairá ás 14:30 horas.

- O alumnado usuario de comedor escolar e transporte sairá ás 16:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut