Skip to Content

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA A TOTALIDADE DAS FAMILIAS DO ALUMNADO

Convócase a todas as familias do alumnado matriculado no centro no presente curso escolar 2019/2020 a unha reunión para a presentación do proxecto de dirección do novo director do colexio e abordar numerosos temas de interés para a comunidade educativa.

A reunión terá lugar o vindeiro luns día 16 de setembro no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte ás 18:30 horas. Prégase asistencia.

Un cordial saúdo

O Director

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE 3 ANOS (EDUCACIÓN INFANTIL)

Convócase aos pais, nais ou tutores legais do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) a unha xuntanza coa titora, que terá lugar mañá martes día 10 de setembro ás 12:00 horas na aula de Educación Infantil, situada na planta baixa do colexio.

Prégase asistencia.

Un cordial saúdo

O Director

ADMISIÓN DE COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019-2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de dirección do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 6 de setembro de 2019 (incluido).

Durante o curso escolar 2019-2020 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR

VALES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xúntase a resolución das axudas para a adquisición de libros e material escolar.

A recollida dos vales realizarase no despacho de dirección, do 1 ao 10 de setembro de 2019 (ambos inclusive) en horario de 10:30 a 14:00 horas.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xúntase a lista definitiva de alumnos/as admitidos/as no Fondo Solidario de Libros de texto.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xúntase a lista provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de texto.

COMEDOR ESCOLAR 2019/2020

O servizo de comedor escolar comezará o mércores 11 de setembro de 2019, e rematará o venres 19 de xuño de 2020.

Os pais, nais ou titores/as legais que desexen que o seu fillo ou filla sexa usuario/a do comedor escolar no curso 2019-2020 deben entregar cuberto no centro o formulario "Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións", incluido no anexo desta publicación, xunto coas instruccións de funcionamento correspondentes ao presente curso escolar.

 

PRAZO DE ENTREGA: DO 1 AO 10 DE SETEMBRO de 2019 (Ambos inclusive)

HORARIO: 10:30 H A 14:00 H

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut