Skip to Content

Complementarias

A NOSA ENAPA NA PRENSA

De novo a prensa faise eco dunha das iniciativas postas en marcha desde o noso centro! Falamos da Escola de Nais e Pais, que se inaugurou no colexio, cunha sesión dedicada á Educación asistida con cans 

MAGOSTO 2019

Que si xogos populares, que si comidiña cos veciños de Baamonde, que si Gaita e tamboril, que si enchemos o bandullo de castañas, que si cantamos e bailamos, que si fixemos castañas e landras con papiroflexia...! 

Exemplo de convivencia e fraternidade o que deron hoxe no magosto do cole as novas xeracións de Begonte e Baamonde! Vaia Festa rachada! Que ben o pasamos!!

Aprendendo cousiñas sobre o mel e as abellas!

Hoxe, grazas á familia de Carmen e Julia, tivemos connosco a Fran, un apicultor que se achegou á escola para ensinarnos un montón de cousas sobre o mel e as abellas! Quedamos moi agradecidos! #PaticipaciónDasFamilias #FacendoEscolaEntreTodos

 

 

 

IMOS DE CONTACONTOS!

Menuda mañá de risas botamos o pasado día 20 de setembro xunto cos amigos do CEIP de Baamonde na Casa da Cultura vendo a obra “Contos nas orellas” da man da compañía Migallas Teatro! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut