Skip to Content

Escola de nais e pais

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET E O USO EXCESIVO DE VIDEOXOGOS!

Rematada a segunda sesión da Escola de Nais e Pais do CEIP Virxe do Corpiño! 

Esta vez contamos coa presenza de Ramón Peña, garda civil experto en internet, redes sociais, aplicacións e videoxogos, galardoado coa Cruz de Prata do Mérito Civil, que nos falou sobre os perigos de internet e as redes sociais, ademais das consecuencias do emprego excesivo de videoxogos en idades temperás.

Moitas grazas a todos/as pola vosa asistencia!

A NOSA ENAPA NA PRENSA

De novo a prensa faise eco dunha das iniciativas postas en marcha desde o noso centro! Falamos da Escola de Nais e Pais, que se inaugurou no colexio, cunha sesión dedicada á Educación asistida con cans 

EDUCACIÓN ASISTIDA CON CANS

Espectacular acollida da Escola de Nais e Pais!! Moi agradecidos!! Agardamos que a actividade sobre educación asistida con cans a cargo de María López Paz e o seu can Connor fose proveitosa e do voso agrado!!

 
A nosa intención é crear un espazo de reunión no propio colexio, onde os pais e as nais da nosa comunidade educativa recibades cada certo tempo e de maneira gratuita, por parte de profesionais de distintos ámbitos, unha formación sobre diversos temas relacionados coa difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as, á vez que reflexionades sobre as súas actitudes e como estas inflúen no seu desenvolvemento. Ademais, facilitaránsevos estratexias para a mellora da educación e a convivencia familiar, sempre desde unha perspectiva integradora de xénero.
 
Vémonos na seguinte sesión no mes de Xaneiro!!

Distribuir contido


by Dr. Radut