Skip to Content

EDUCACIÓN ASISTIDA CON CANS

Espectacular acollida da Escola de Nais e Pais!! Moi agradecidos!! Agardamos que a actividade sobre educación asistida con cans a cargo de María López Paz e o seu can Connor fose proveitosa e do voso agrado!!

 
A nosa intención é crear un espazo de reunión no propio colexio, onde os pais e as nais da nosa comunidade educativa recibades cada certo tempo e de maneira gratuita, por parte de profesionais de distintos ámbitos, unha formación sobre diversos temas relacionados coa difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as, á vez que reflexionades sobre as súas actitudes e como estas inflúen no seu desenvolvemento. Ademais, facilitaránsevos estratexias para a mellora da educación e a convivencia familiar, sempre desde unha perspectiva integradora de xénero.
 
Vémonos na seguinte sesión no mes de Xaneiro!!



story | by Dr. Radut