Skip to Content

Documentos de Centro, Comunicacións do centro

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DE CENTRO

Pódense consultar e descargar as Normas de Organización e Funcionamento do noso centro facendo click ---> AQUÍ

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA

Pódese consultar e descargar o proxecto para a implementación do horario en Xornada Única premendo --> AQUÍ

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Pódese descargar o Plan Dixital do noso centro premendo --> AQUÍ

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 - CURSO 2021/2022

Fanse públicos para o coñecemento e consulta por parte da comunidade educativa os 2 documentos clave que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías ante a pandemia provocada polo virus COVID-19. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 - CURSO 2021/2022

2. PLAN DE CONTINXENCIA

Son 2 documentos abertos e flexibles, que poderán sufrir modificacións en función da evolución da pandemia e das indicacións das autoridades educativas e sanitarias galegas e estatais.

Os 2 documentos, de suma importancia, son de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

COMO PODEMOS ACCEDER Á AULA VIRTUAL DO COLE?

O equipo TIC do noso cole elaborou este pequeno titorial de acceso á nosa aula virtual. Agardamos que sexa o máis proveitoso para todos e todas!

 

ENSINO VIRTUAL NOS CASOS DE CONFINAMENTO PARCIAL OU TOTAL

Pubícanse unha serie de consideracións a ter en conta para levar a cabo o ensino virtual nos casos de confinamento parcial ou total no CEIP Virxe do Corpiño.

Pódese consultar/descargar o documento facendo click --> AQUÍ

HORARIOS ESPELLO PARA CASOS DE CONFINAMENTO PARCIAL OU TOTAL

Fanse públicos os horarios a seguir polo alumnado e os/as docentes do CEIP Virxe do Corpiño en casos de confinamento parcial ou total.

Pódense consultar/descargar os horarios facendo click --> AQUÍ

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Fanse públicos para o coñecemento e consulta por parte da comunidade educativa os 3 documentos clave que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías ante a pandemia provocada polo virus COVID-19. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

2. PLAN DE CONTINXENCIA

3. PLAN DE ACOLLIDA EMOCIONAL

Son 3 documentos abertos e flexibles, que poderán sufrir modificacións en función da evolución da pandemia e das indicacións das autoridades educativas e sanitarias galegas e estatais.

Os 3 documentos, de suma importancia, son de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

CONVOCATORIA DAS FAMILIAS ÁS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Estimadas Familias:

Estamos ultimando a organización, posta a punto e adaptación do noso centro á difícil realidade coa que nos toca convivir nos próximos meses, de maneira que o regreso ás aulas por parte dos nosos nenos/as sexa o máis seguro posible.

O vindeiro luns, día 7 de setembro faremos públicos na nosa páxina web unha serie de documentos clave nos que levamos traballando moito tempo e que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

2. PLAN DE CONTINXENCIA

3. PLAN DE ACOLLIDA EMOCIONAL

Son 3 documentos de suma importancia e de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

Para poder explicar as súas claves e resolver calquera tipo de dúbida ou inquedanza, quedades convocados a unha reunión cos docentes que forman parte do equipo Covid-19 do colexio. As reunións terán lugar de maneira escalonada por niveis, evitando calquera tipo de aglomeración. Celebraranse no patio cuberto do noso centro, no seguinte horario:

MARTES 8 DE SETEMBRO

10:00 horas: familias de Educación Infantil

12:00 horas: familias de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

10:00 horas: familias de 4º E 5º de Educación Primaria

12:00 horas: familias de 6º de Educación Primaria

NORMAS XERAIS

  • Á reunión só pode acceder UNHA soa persoa por familia.
  • Acceder ao recinto escolar con máscara protectora e non retirala en ningún momento.
  • Desinfectar as mans con xel hidroalcólico ao chegar.
  • Manter unha distancia interpersoal de 1,5 m como mínimo.
Distribuir contido


by Dr. Radut