Skip to Content

Benvida

Benvidos á web do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño!

 

REUNIÓN FAMILIAS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 1º de Educación Primaria a unha reunión colectiva coa titora, que terá lugar o martes día 24 de setembro de 2024 ás 17:00 horas na súa aula, situada no 1º andar do centro.

REUNIÓN FAMILIAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria a unha reunión colectiva coa titora, que terá lugar o martes día 24 de setembro de 2024 ás 16:05 horas na súa aula, situada no 1º andar do centro.

AXUDAS DO CONCELLO DE BEGONTE PARA MATERIAL ESCOLAR

Prazo de presentación: 18/09/2024 - 17/10/2024

-Procedemento: Axudas para material escolar e libros de ESO (IES RÍO MIÑO) curso 2024 / 2025:

Pódese solicitar a axuda na sede electrónica do Concello de Begonte, ticando en Tramitación electrónica (ou procesamento electrónico) en Axudas para material escolarpara firmar anexo I electronicamente tica.

*Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electrónicamente con certificado dixital de persoa física, ou dni electrónico, ou clave concertada.

De acordo ca Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, art.14.1 Dereito e obligación de relacionarse electrónicamente coas administracións públicas: "As persoas físicas poderán elexir en todo momento si se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obligacións a través de medios electrónicos ou non...", e segundo o art.16.4: "Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das administracións públicas podrán presentarse: a) No rexistro electrónico da Administración u Organismos aos que se dirixa, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refiere o artículo 2.1", este art. 16.4 sigue con las letras b), c), d), e), estás opcións xa se tiñan a disposición.

COMEZO DO CURSO 2024/2025

- A actividade lectiva dará comezo o vindeiro mércores 11 de setembro de 2024. 

- O horario de clases abrangue de 09:30 a 14:30 horas.

- As portas do centro abriranse ás 09:25 horas.

- O alumnado non usuario de comedor escolar e transporte sairá ás 14:30 horas.

- O alumnado usuario de comedor escolar e transporte sairá ás 16:00 horas.

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As familias de 3º e 4º de Primaria beneficiarias do fondo solidario de libros de texto, poden pasar polo colexio a recoller os libros o vindeiro martes 10 de setembro de 2024, en horario de 11:00 a 12:00 horas.

Moitas grazas.

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias de todo o alumnado de Educación Infantil a unha reunión coas titoras, que terá lugar o venres día 6 de setembro de 2024 ás 11:00 horas na biblioteca do colexio.

Na reunión, as titoras presentarán, ademáis de outros aspectos organizativos, o plan de adaptación para o alumnado de 3 anos e o horario que terán ditos alumnos/as ata o día 17 de setembro, incluido.

Prégase asistencia e puntualidade.

Moitas grazas.

ADMISIÓN DE COLABORADORES/AS PARA O COMEDOR ESCOLAR 2024/2025

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e familiares do alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2024 (incluido).

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

COMEDOR ESCOLAR 2024/2025

Aquelas familias interesadas en que os/as seus/súas fillos/as sexan usuarios/as do comedor escolar durante o presente curso 2024/2025 deberán presentar a solicitude de uso do comedor cuberta e asinada.

Asimesmo, aquelas familias solicitantes de comedor que realizasen a declaración da renda correspondente ao exercicio de 2023, deberán presentar ademais, cuberto e asinado, o modelo de autodeclaración de prezos públicos.

Ambos documentos pódense descargar nos arquivos adxuntos a esta publicación.

É necesaria a presentación da documentación tanto para o alumnado xa matriculado no centro, como para o alumnado de nova incorporación.

- A documentación pódese presentar de dúas maneiras:

a) PRESENCIALMENTE, no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

b) TELEMÁTICAMENTE, escaneada e enviada por correo electrónico á dirección do noso colexio: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal.

PRAZO: do 2 ao 9 de setembro de 2024, ambos incluidos.

(Non se admitirán solicitudes despois desa data)

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Faise pública a listaxe DEFINITIVA de beneficiarios e excluídos do fondo solidario de libros de texto, así como das axudas para mercar libros de texto e material escolar.

Por unha cuestión de protección de datos atópase únicamente publicada no taboleiro interior do colexio.

As familias de 3º e 4º de Primaria podedes consultar os libros concretos que se vos concederon e así saber se sodes beneficiarios da totalidade dos libros ou tedes que mercar algún. 

Recordamos que o prazo para recoller os vales de axuda para a compra de material escolar e libros de texto abrangue desde o luns día 1 de xullo ata o mércores día 3 de xullo, ambos incluídos, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut