Skip to Content

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

 

-  O Director do Centro.

-  Un profesor ou profesora.

-  Un pai ou nai ou titor legal.

 

0s dous últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo mércores día 3 de novembro de 2021, ás 10:30 horas no Despacho de Dirección. 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións e calendario que a partir do día 4 de novembro se irá expoñendo nesta páxina web.

 

O Director

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DE CENTRO

Faise pública para o coñecemento de toda a comunidade educativa a versión actualizada das Normas de Organización e Funcionamento de Centro, avaliadas e aprobadas polo Consello Escolar, en sesión ordinaria celebrada o 20 de outubro de 2021.

Devanditas normas son de obrigado cumprimento para todos os membros da Comunidade Educativa do noso centro.

Pódese descargar o documento facendo click --> AQUÍ

REUNIÓN FAMILIAS 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 5º de Educación Primaria a unha reunión coa titora, que terá lugar o luns día 4 de outubro ás 16:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

REUNIÓN FAMILIAS 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria a unha reunión coa titora, que terá lugar o luns día 27 de setembro ás 16:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

REUNIÓN FAMILIAS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 6º de Educación Primaria a unha reunión co titor, que terá lugar o xoves día 23 de setembro ás 16:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

REUNIÓN FAMILIAS 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria a unha reunión coa titora, que terá lugar o mércores día 22 de setembro ás 16:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO

ENTRADAS

 

-ALUMNADO DE TRANSPORTE ESCOLAR: 09:15 A 09:30

-ALUMNADO NON TRANSPORTADO:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: 09:35
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: 09:40

* Ás 09:45 horas pecharase con chave a porta de entrada ao edificio. A partir desa hora, non se permite a entrada de ningún alumno/a ata o primeiro cambio de clase (10:25), a excepción de aqueles que teñan un xustificante médico.

*Queda prohibido o acceso de persoas alleas ao centro ás aulas, corredores e patio do centro durante as horas de clase sen autorización expresa (Artigo 8.2 da Orde do 22 de xullo de 1997 - DOG nª168 do 2/09/97)

 

SAÍDAS

 

  • EDUCACIÓN INFANTIL: 15:50
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: 16:00

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

EQUIPO DIRECTIVO

 

  • DIRECTOR E XEFE DE ESTUDOS: 

 Luns a Venres: de 09:30 a 10:30

 

  • SECRETARIA:

Luns: de 12:40 a 13:30

Mércores: de 11:50 a 12:40

Xoves: de 11:50 a 12:40

 

TITORÍAS COS MESTRES/AS

 

Luns: de 14:00 a 15:00

 

NORMAS XERAIS

  • A atención ao público poderá ser de carácter presencial ou telefónico.
  • A atención presencial tanto co equipo directivo como co resto de persoal docente deberá solicitarse con anterioridade mediante Cita Previa.
  • Debido ao noso traballo docente, non se atenderá a ninguén fóra do horario establecido, nin presencial nin telefónicamente.

REUNIÓN FAMILIAS 6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)

Convócase ás familias do alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) a unha reunión coa titora que terá lugar o xoves día 16 de setembro ás 16:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

REUNIÓN FAMILIAS 5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)

Convócase ás familias do alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos) a unha reunión coa titora que terá lugar o martes día 14 de setembro ás 16:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.
Distribuir contido


by Dr. Radut