Convócase a todas as familias do alumnado matriculado no centro no presente curso escolar 2019/2020 a unha reunión para a presentación do proxecto de dirección do novo director do colexio e abordar numerosos temas de interés para a comunidade educativa.
A reunión terá lugar o vindeiro luns día 16 de setembro no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte ás 18:30 horas. Prégase asistencia.
Un cordial saúdo
O Director