Skip to Content

ADMISIÓN DE COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019-2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de dirección do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 6 de setembro de 2019 (incluido).

Durante o curso escolar 2019-2020 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR



story | by Dr. Radut