Skip to Content

ANPA

TENDAS AMIGAS

Podedes consultar o listado de tendas amigas, onde se ofrecen importantes descontos para os socios/as da ANPA As Faias, facedo clic --> AQUÍ

CAMPAÑA DE SOCIOS 2021/2022

Estimadas familias:

En primeiro lugar queremos  darvos as gracias aos que xa formastes parte desta asociación durante o curso pasado. Aos que non, convidámosvos a participar deste proxecto como soci@s, e a participar das actividades e PLANS presentes e futuros desta asociación.

Este curso houbo un significativo incremento da matrícula, que, co traballo conxunto de todos os actores da nosa comunidade eduactiva, debera revertir nunha maior calidade educativa e dotación de medios e servizos para os nosos fill@s.

                Acabamos de abrir a campaña de soci@s para este curso 2021-2022, podedes darvos de alta cubrindo a ficha que enviamos nas mochilas dos peques esta semana, ou mellor a través do enlace:

                https://forms.gle/7B6mAhEBNsvVJh9QA

Dende a ANPA,  temos como  principal obxectivo  conseguir a  mellora  da comunicación entre as familias e o centro educativo, coa finalidade de acadar unha comunidade que avance cada vez máis cara unha educación de calidade para os nosos fillos e filla . Por iso , no seguinte email : anpa.begonte@gmail.com ,estaremos agardando  para recoller as vosas  suxerencias e queixas, así como  solventar calquera dúbida  relativa ao ámbito da educación dos vosos fillos / as. Para aquelas familias que o prefiran, dispoñedes dunha caixa do correo  situada na entrada exterior do recinto do cole.

Aínda que a cara visible da ANPA está constituída por un grupo de sete papás e mamás, gustaríanos facer especial fincapé en que, a ANPA As Faias, formámola todas as familias do centro.

Os membros da xunta directiva somos:

Presidenta : Sonia Vilasuso

Secretaria : Marta Blanco

Tesoureiro : Daniel Ferreiro

Vogais : Alba Sixto, Ana Campos,  Jose Manuel Rodríguez e  Lucía Diaz .

Como xa comentamos o curso anterior, a nosa ilusión é impulsar e apoiar propostas que enriquezan aos nosos fillos e fillas, e creemos que, en colaboración cos soci@s, co centro e coa administración local, provincial e autonómica, conquerimos diferentes obxectivos ao longo dun curso que resultou atípico por mor da Covid-19. A modo de  resumo moi breve, destacamos os seguintes:

  • Programa “Tendas Amigas”, co cal a través do noso carné de soci@ tiñamos descontos en varias tendas e servicios da contorna.
  • Festa de Nadal (visita de Papa Noel ao cole), coa adquisición dos agasallos por parte da ANPA.
  • Actividades de Promoción da Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (axendas, mascarillas, carteleria e dípticos informativos, charlas e obradoiros…
  • Recadación de fondos para a ANPA a través da Lotería de Reis
  • Adquisición de material lúdico e xoguetes dentro do proxecto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Tamén se realizou a donación dun vale xerade con esta compra por importe de 200 €, que permitiu a adquisición de material para o entroido por parte do equipo docente do centro.
  • Taller de cociña, coa xestión dunha axuda por parte da Deputación Provincial de Lugo para a instalación dunha cociña con toda equipación necesario para o seu aproveitamento didáctico por parte dos alumnos/as.
  • Actuación da Apalpadora, en colaboración coa Area de Cultura da Deputación provincial de Lugo.
  • Proxecto “Educa en Eco”, continuamos a recoller tapóns para poder recaudar fondos coa finalidade de realizar diferentes accións.
  • Aulario exterior, cunha achega económica de 900,00 € grazas o cal foi posible a instalación dun aulario onde os nen@s poden desfrutar das clases a o aire libre. .
  • Realización dun mural con motivo das Letras Galegas, adicado a Rosalía de Castro e en coalboración con Fapacel.
  • Obradoiro de Linxguaxe de Sordo Mudos, promovendo a a prendizaxe da linguaxe de signos.
  • Proxecto Dixitalización Cultural, xestionando unha axuda da Deputación Provincial de Lugo para a adquisición de 10 tablets e a súa posterior cesión ao Centro para uso educativo e didáctico cos alumnos/as.

 

De cara o curso que comezamos, dende a ANPA As Faias, marcámonos como obxetivo, entre outros, os seguintes:

  • Acollerse a distintas actividades educativas e lúdicas ofertadas pola Federación de Anpas de Lugo e das diferentes administracións públicas  (sempre que a situación sanitaria o permita).
  • Continuar con programa “Tendas Amigas”, e amplialo na medida en que a complicada situación económica o permita.
  • Elaboración e adquisición de axendas escolares para os soci@s, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
  • Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, mediante a realización de xornadas educativas e adquisición de material lúdico e informativo.
  • Representación con voz e voto dun membro da ANPA no Consello Escolar.
  • Adquisición de diverso material pedagóxico e dixital, con cargo a posibles futuras  subvencións de diferentes administración públicas.
  • Xestión  de incidencias, queixas e suxerencias maioritarias dos nosos soci@s, durante este complicado curso que nos toca afrontar.

Agradecemos as vosas opinión e suxerencias. Lembra que somos nais e pais coma ti, que o facemos o mellor que podemos e de xeito altruista.

¡AXÚDANOS A MELLORAR! ¡CONTRIBÚE!

 

Atentamente ANPA As Faias 

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias :

 

A directiva da ANPA AS FAIAS do Ceip Plurilingüe Virxe do Corpiño,

 

Convoca as familias asociadas a Asamblea Xeral Ordinaria , que terá lugar o vindeiro día 8 de xullo as 19:30 horas, en primeira convocatoria, e as 20:00 horas, en segunda convocatoria, no Clube Fluvial de Begonte, se as condicións metereolóxicas o permiten.

 

Coa seguinte orde do dia:

 

1. Estado de contas do curso 2019/2020

2. Estado de contas do curso 2020/2021

3. Actividades realizadas

4. Nova cuota familias asociadas

5. Renovación xunta directiva

6. Rogos e preguntas

 

Recordarvos a todos/as a importancia de manter a Anpa no noso colexio , tanto para defender e mellorar o dereito a educación dos nosos fillos/as, para servir de ponte entre o centro educativo e as familias, asi como na organización de talleres formativos, de actividades extraescolares ou excursións .

 

Sen outro particular , agardamos a vosa asistencia.

 

Un cordial saúdo

CAMPAÑA DE SOCIOS 2020-2021

 

Estimadas familias ,

En primeiro lugar queremos  darvos as gracias aos que xa formastes parte desta asociación durante o curso pasado. Aos que non, convidámosvos a participar deste proxecto como soci@s, e a participar das actividades e PLANS presentes e futuros desta asociación.

Froito do grande traballo da dirección do centro e resto da comunidade educativa,  xunto coas  diferentes administracións  públicas, houbo un incremento espectacular na matrícula do presente curso, que seguramente reverterá nunha maior calidade educativa e dotación de medios e servizos para os noso fill@s.

Acabamos de abrir a campaña de soci@s para este curso 2020-2021, podedes darvos de alta cubrindo a ficha que enviamos nas mochilas dos peques esta semana, ou mellor a través do enlace:

 

https://forms.gle/ALcsh5oErNfJECUk9

 

Dende a ANPA,  temos como  principal obxectivo  conseguir a  mellora  da comunicación entre as familias e o centro educativo, coa finalidade de acadar unha comunidade que avance cada vez máis cara unha educación de calidade para os nosos fillos e filla . Por iso, no seguinte email : anpa.begonte@gmail.com ,estaremos agardando  para recoller as vosas  suxerencias e queixas, así como  solventar calquera dúbida  relativa ao ámbito da educación dos vosos fillos / as. Para aquelas familias que o prefiran, dispoñedes dunha caixa do correo  situada na entrada exterior do recinto do cole.

 

Aínda que a cara visible da ANPA está constituída por un grupo de sete papás e mamás, gustaríanos facer especial fincapé en que, a ANPA As Faias, formámola todas as familias do centro.

 

Os membros da xunta directiva somos:

 

Presidenta : Sonia Vilasuso

Secretaria : Marta Blanco

Tesoureiro : Daniel Ferreiro

Vogais : Alba Sixto, Ana Campos,  Jose Manuel Rodríguez e  Lucía Diaz .

 

 

Como xa comentamos o curso anterior, a nosa ilusión é impulsar e apoiar propostas que enriquezan aos nosos fillos e fillas, e creemos que, en colaboración cos soci@s, co centro e coa administración local, provincial e autonómica, conquerimos diferentes obxectivos ao longo dun curso que, por desgracia, resultou sendo sorprendentemente atípico. A modo de  resumo moi breve, (xa que enviaremos un informe máis completo proximamente aos soci@s do curso anterior), destacamos os seguintes:

 

 

1.  Programa “Tendas Amigas”, co cal a través do noso carné de soci@ tiñamos descontos en varias tendas e servicios da contorna.

2.   Festa de Nadal (visita de Papa Noel ao cole), coa adquisición dos agasallos por parte da ANPA.

3.   Instalación de “O baúl dos desexos”, no que os nenos/as poden deixar por escrito o que lles gustaría mellorar ou cambiar no seu cole.

4.  Recadación de fondos para a ANPA a través da Lotería de Reis (e tocounos o reintegro!)

5.  Adquisición de material lúdico para o espacio de recreo do centro (“A Arca de madeira”).

6.  Participación dos peques e pais/nais formando unha comparsa na Festa de Entroido do Concello de Begonte, organizando os traballos previos e financiando os gastos derivados con fondos da ANPA (obtivemos un dos premios!).

7.   Posta en marcha da páxina da ANPA no Facebook.

8.  Proxecto “Educa en Eco”, con xornadas e educativas e dotación do centro de diferentes colectores para fomentar a reciclaxe e reutilización.

9.   Proxecto “Por un patio máis inclusivo”, coa instalación de mesas exteriores gracias a colaboración da empresa  Xardinor S.L.

10. Petición e mediación ante o Concello de Begonte para retomar o Plan Madruga para o curso actual. O Concello finalmente asumiu o custe e organización deste servizo para unha mellor conciliación da nosa vida laboral e familiar.

     

     Proxectos que emprendemos durante o curso pasado e que se viron paralizados ou ralentizados polo confinamento derivado da pandemia  COVID-19, pero que xa retomamos ou retomaremos na medida do posible, xunto con outros proxectos de futuro que nos marcamos como obxectivo para o “especial”  curso que comezamos son:

 

-  Elaboración dun grafiti nas paredes do peche perimetral do colexio con motivo da celebración das Letras Galegas do 2020.

-  Organización  de charlas educativas e colaboración nalgúns dos festivais do noso colexio (sempre que a situación sanitaria o permita).

- Acollerse a distintas actividades educativas e lúdicas ofertadas pola Federación de Anpas de Lugo e das diferentes administracións públicas  (sempre que a situación sanitaria o permita).

- Continuar con programa “Tendas Amigas”, e amplialo na medida en que a complicada situación económica o permita.

- Elaboración e adquisición de axendas escolares para cada alumn@, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

-  Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, mediante a realización de xornadas educativas e adquisición de material lúdico e informativo.

-  Representación con voz e voto dun membro da ANPA no Consello Escolar.

-  Instalación dunha aula didáctica para obradoiros de cociña no colexio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

- Colaboración activa na creación do horto ecolóxico en cooperación coa dirección do centro.

-  Adquisición de diverso material pedagóxico e dixital, con cargo a posibles futuras  subvencións de diferentes administración públicas.

-  Xestión  de incidencias, queixas e suxerencias maioritarias dos nosos soci@s, durante este complicado curso que nos toca afrontar.

 

Agradecemos as vosas opinión e suxerencias. Lembra que somos nais e pais coma ti, que o facemos o mellor que podemos e de xeito altruista.

 

¡AXÚDANOS A MELLORAR! ¡CONTRIBÚE!

 

ANPA As Faias, Setembro de 2020.

COMUNICADO DO DIRECTOR: MEDIDAS A TOMAR NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

Estimadas familias:

 

En base ás instruccións ofrecidas pola Conselleira de Educación ás 14:00 horas do día de hoxe (13/03/2020) e tras a reunión extraordinaria celebrada na mañá de hoxe no colexio, o claustro de Mestres/as acordou as seguintes medidas dirixidas a toda a comunidade educativa do CEIP Virxe do Corpiño, dentro do periodo comprendido entre o 16 de marzo e o 29 de marzo de 2020, ambos incluidos:

 

  • Suspéndese todo tipo de actividade lectiva regulada. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o servizo de comedor e servizo de transporte.

 

  • Suspéndense todas as excursións programadas, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

 

  • Suspéndense todo tipo de festivais, ou actividades que impliquen a reunión do noso alumnado.

 

  • O centro permanecerá totalmente pechado mentres dure a suspensión das actividades lectivas por parte da Consellería. A comunicación entre as familias e a escola realizarase exclusivamente a través da seguinte dirección de correo electrónico: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.es

 

  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación presencial e telemática de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.

 

  • O claustro de Mestres/as recomenda que, mentras se manteña a suspensión das actividades lectivas, os nenos/as realicen actividades de tipo xenérico relacionadas cos contidos curriculares, como por exemplo as seguintes:

 

  • Lectura comprensiva de contos, revistas…
  • Resolución de problemas sinxelos en situacións cotiás que impliquen sumar, restar, multiplicar, dividir… (pagos no supermercado, medidas e capacidades na cociña…)
  • Xogos de mesa
  • Transcripción de textos variados a man ou a ordenador
  • Redacción dun pequeno diario das actividades realizadas estos días, con descripcións de lugares, paisaxes, acontecementos…
  • Actividades e xogos educativos en internet:

 

 

https://www.mundoprimaria.com/

 

https://www.elhuevodechocolate.com/

 

https://www.orientacionandujar.es/

 

https://www.educapeques.com/recursos-para-primaria/ejercicios-matematicas-primaria

 

http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/castellano/

 

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/fun-games

 

https://www.eslgamesplus.com/

 

http://www.english-4kids.com/games.html

 

https://dictionary.cambridge.org/es/

 

https://www.oxfordlearnersdictionaries.com/

 

Recomendamos permanecer moi atentos á páxina web do colexio, ante posibles modificacións en atención á evolución da pandemia. A comunicación de calquera modificación das presentes instruccións realizarase coa maior inmediatez posible.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.

 

Recibide un cordial saúdo

 

O Director

 

CHEGAN AS MESAS DE PICNIC!

Continuamos traballando na procura dun patio cada vez máis dinámico e inclusivo! Esta vez damos un pasiño máis e, grazas á xestión da ANPA As Faias, e á empresa Xardinor SL, que se encargou da súa fabricación e instalación de maneira gratuita como doazón para o centro, contamos desde hoxe con dúas mesas de picnic de madeira que, como se pode comprobar nas imaxes, vanse desfrutar moito por parte dos nosos nenos/as! Graciñas ANPA! Graciñas Xardinor S.L.! 

EDUCA EN ECO

A Anpa As Faias e o CEIP Virxe do Corpiño poñen en marcha o proxecto “Educa en Eco”, grazas ao contrato firmado pola ANPA coa empresa Coregal, coa colaboración de Ecoembes e Reciclaxe Contemar.

Trátase dun proxecto que aposta pola educación como motor para coidar o medioambiente, potenciando a reducción de residuos, a reutilización e a reciclaxe na escola. O centro foi dotado con colectores azuis e amarelos e un colector para a recollida solidaria de tapóns que se colocarán nas aulas e nos distintos espazos do centro.

Ademais, os nenos/as recibiron formación por parte de Carmen, da empresa Contemar. #EcoEscola #EscolaSostible

Distribuir contido


by Dr. Radut