Skip to Content

EDUCA EN ECO

A Anpa As Faias e o CEIP Virxe do Corpiño poñen en marcha o proxecto “Educa en Eco”, grazas ao contrato firmado pola ANPA coa empresa Coregal, coa colaboración de Ecoembes e Reciclaxe Contemar.

Trátase dun proxecto que aposta pola educación como motor para coidar o medioambiente, potenciando a reducción de residuos, a reutilización e a reciclaxe na escola. O centro foi dotado con colectores azuis e amarelos e un colector para a recollida solidaria de tapóns que se colocarán nas aulas e nos distintos espazos do centro.

Ademais, os nenos/as recibiron formación por parte de Carmen, da empresa Contemar. #EcoEscola #EscolaSostible



story | by Dr. Radut