Skip to Content

CHEGAN AS MESAS DE PICNIC!

Continuamos traballando na procura dun patio cada vez máis dinámico e inclusivo! Esta vez damos un pasiño máis e, grazas á xestión da ANPA As Faias, e á empresa Xardinor SL, que se encargou da súa fabricación e instalación de maneira gratuita como doazón para o centro, contamos desde hoxe con dúas mesas de picnic de madeira que, como se pode comprobar nas imaxes, vanse desfrutar moito por parte dos nosos nenos/as! Graciñas ANPA! Graciñas Xardinor S.L.! 



story | by Dr. Radut