Skip to Content

COMUNICADO DO DIRECTOR: MEDIDAS A TOMAR NO CEIP VIRXE DO CORPIÑO

Estimadas familias:

 

En base ás instruccións ofrecidas pola Conselleira de Educación ás 14:00 horas do día de hoxe (13/03/2020) e tras a reunión extraordinaria celebrada na mañá de hoxe no colexio, o claustro de Mestres/as acordou as seguintes medidas dirixidas a toda a comunidade educativa do CEIP Virxe do Corpiño, dentro do periodo comprendido entre o 16 de marzo e o 29 de marzo de 2020, ambos incluidos:

 

  • Suspéndese todo tipo de actividade lectiva regulada. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o servizo de comedor e servizo de transporte.

 

  • Suspéndense todas as excursións programadas, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

 

  • Suspéndense todo tipo de festivais, ou actividades que impliquen a reunión do noso alumnado.

 

  • O centro permanecerá totalmente pechado mentres dure a suspensión das actividades lectivas por parte da Consellería. A comunicación entre as familias e a escola realizarase exclusivamente a través da seguinte dirección de correo electrónico: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.es

 

  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación presencial e telemática de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.

 

  • O claustro de Mestres/as recomenda que, mentras se manteña a suspensión das actividades lectivas, os nenos/as realicen actividades de tipo xenérico relacionadas cos contidos curriculares, como por exemplo as seguintes:

 

  • Lectura comprensiva de contos, revistas…
  • Resolución de problemas sinxelos en situacións cotiás que impliquen sumar, restar, multiplicar, dividir… (pagos no supermercado, medidas e capacidades na cociña…)
  • Xogos de mesa
  • Transcripción de textos variados a man ou a ordenador
  • Redacción dun pequeno diario das actividades realizadas estos días, con descripcións de lugares, paisaxes, acontecementos…
  • Actividades e xogos educativos en internet:

 

 

https://www.mundoprimaria.com/

 

https://www.elhuevodechocolate.com/

 

https://www.orientacionandujar.es/

 

https://www.educapeques.com/recursos-para-primaria/ejercicios-matematicas-primaria

 

http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/castellano/

 

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/fun-games

 

https://www.eslgamesplus.com/

 

http://www.english-4kids.com/games.html

 

https://dictionary.cambridge.org/es/

 

https://www.oxfordlearnersdictionaries.com/

 

Recomendamos permanecer moi atentos á páxina web do colexio, ante posibles modificacións en atención á evolución da pandemia. A comunicación de calquera modificación das presentes instruccións realizarase coa maior inmediatez posible.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.

 

Recibide un cordial saúdo

 

O Director

 



story | by Dr. Radut